Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Deixar gobernar ou non, esa e a cuestion

Visitas: 233

Durante a campaña electoral das municipais de 2019 un veciño dixonos que non ia votar por nos porque non deixabamos gobernar ao goberno municipal, que nese momento estaba composto polo PSOE e BNG


Isto nos fixo reflexionar acerca de si o que estivemos facendo durante os 4 anos anteriores era correcto.

Nesta revision do traballo feito, comprobamos que a nosa principal funcion foi informarnos do que se estaba a facer no concello, asistindo as reunions as que se nos convocaba; vixiamos as contas para ver en que se gastaban os cartos; avisamos aos concelleiros correspondentes daquelas cousas que considerabamos importantes para o concello e transmitimos as queixas da veciñanza para tratar de buscarlles solucions.

Enton preguntamonos: Que significa deixar gobernar?

  • Significa que cando vemos que se pagan facturas por traballos sen rematar, temos que calar e deixarlles facer?

  • Significa que cando vemos que se vulneran os dereitos dalgun veciño ou veciña, temos que calar e deixarlles facer?

  • Significa que cando vemos que se aumentan as retribucions dos que mandan, temos que calar e deixarlles facer?

Se isto e asi, temos clara a nosa postura. Imos seguir traballando controlando e vixiando ao grupo de goberno, xa que a veciñanza, e sobre todo aqueles veciños e veciñas que nos votaron, merecen o noso compromiso, o noso respecto e temos a responsabilidade de non defraudalos.

Por iso, ao inicio da crise do COVID19, deixamos gobernar ao PSOE, pero este limitouse unicamente a #beneficencia a traves de axudas de emerxencia social, con entrega de alimentos, fotocopias a alumnos para facer as tarefas escolares desde a casa, e pouco mais.

En MOVENEDA pareceronnos medidas necesarias pero insuficientes e asi, no mes de maio presentamos ao PSOE unha serie de #propostas, dentro das posibilidades do Concello, de axudas a autonomos e pequenas empresas para tratar de que as persoas afectadas pola crise derivada da #pandemia puideran sobrelevala millor e poñer un grao de area no mantemento do #emprego. Entre elas:

  • Acabar coa fenda dixital: dotando de internet e equipos para o nosos estudantado

  • Exencion ou rebaixa dos impostos municipais deste ano 2020.

  • Subvencions directas para os casos en que a actividade desenvolta sufrira unha reducion grande da facturacion

A dia de hoxe, no mes de outubro, ainda non temos resposta do grupo de goberno, que parece manterse en cuarentena de costas a realidade social que viven moitos dos veciños e veciñas do concello.

E asi, mentras vemos como noutros concellos proximos, incluso mais pequenos que o noso, xa teñen axudas deste tipo, en Neda estamos a espera de que a Xunta ou a Deputacion establezan algunha liña de axudas, para que despois pareza que son axudas propias do esforzo do concello.

Mentres tanto nos seguiremos co noso #traballo de #control e de #propostas. e posible que non actuemos como fan os partidos politicos, que se adaptan ao que saben que vende e que lles da votos ainda que non creen no que fan, pero mentres teñamos representacion no Concello, seguiremos a traballar.


Etiquetas:

eleccions municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.