
Onte, unha veciña se achegou ó Concello de Neda para solicitar unha recollida especial de voluminosos. O señor Teniente de alcalde, Ángel García Cordero, lle contestou que ese servizo non existia.
Este servizo SI EXISTE, tal e como o anuncia o concello en diferentes lugares e queda demostrado nas imaxes desta publicación. Mesmo hai un formulario electrónico específico na web do concello para solicitalo. Podedes comprobalo neste enlace:
Coñecedora disto, a veciña terminou facendo unha solicitude por rexistro.
Pero a desfeita no remata eiquí: No concello lle insinuaron que a decisión sobre a solicitude podería tardar ata tres meses. Ese é o tempo normal que tarda o trámite ou e a pena que se lle impón a veciña por facer uso dos seus dereitos?
Dende Moveneda pensamos que un Concello debe estar ó servizo dos veciños, e no ser un inimigo, un impedimento constante e unha dificultade para tarefas sinxelas como esta de retirada de voluminosos.
Por outro lado, atopamos sorprendente que todo un teniente de alcalde descoñeza os servizos que ofrece o concello, un servizo implantado polo seu própio goberno.
A que xoga Garcia Cordero?

E non é a primeira vez: Temos máis queixas de veciños que recibiron contestacións impropias de algúns membros do goberno, pero entre eles destaca as formas e os desprezos que Ángel García Cordero ten por costume dirixir a algúns veciños, en especial a aqueles que rebaten as súas respostas ou que lle esixen cumpla coas responsabilidades do seu cargo. O alcalde Alvariño é directamente responsable destes comportamentos e debe atallalos xa.
Necesitamos recuperar a Casa do Concello, os veciños merecemos que sexa un lugar de todos, para todos, onde calquera saiba que vai ser escoitado, atendido e axudado no que precise.
Necesitamos un trato igual para todos, que non dependa de afinidades persoais, ou se un é da corda do alclade.
Por último, Moveneda esixe unha rápida resolución para a petición da veciña.
Que non teña que ser o vindeiro goberno o que deba solucionar outra cousa máis que Alvariño deixa sen rematar.
ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |