Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Denuncia: trato desigual, desprezos e un goberno inimigo do veciños

Visitas: 272

Onte, unha veciña se achegou ó Concello de Neda para solicitar unha recollida especial de voluminosos. O señor Teniente de alcalde, Ángel García Cordero, lle contestou que ese servizo non existia.

Ángel García Cordero minte.

Este servizo SI EXISTE, tal e como o anuncia o concello en diferentes lugares e queda demostrado nas imaxes desta publicación. Mesmo hai un formulario electrónico específico na web do concello para solicitalo. Podedes comprobalo neste enlace:

Coñecedora disto, a veciña terminou facendo unha solicitude por rexistro.

Pero a desfeita no remata eiquí: No concello lle insinuaron que a decisión sobre a solicitude podería tardar ata tres meses. Ese é o tempo normal que tarda o trámite ou e a pena que se lle impón a veciña por facer uso dos seus dereitos?

O concello no pode ser inimigo do veciños

Dende Moveneda pensamos que un Concello debe estar ó servizo dos veciños, e no ser un inimigo, un impedimento constante e unha dificultade para tarefas sinxelas como esta de retirada de voluminosos.

Por outro lado, atopamos sorprendente que todo un teniente de alcalde descoñeza os servizos que ofrece o concello, un servizo implantado polo seu própio goberno.

A que xoga Garcia Cordero?

Os veciños non merecemos este descontrol nin este tipo de respostas

E non é a primeira vez: Temos máis queixas de veciños que recibiron contestacións impropias de algúns membros do goberno, pero entre eles destaca as formas e os desprezos que Ángel García Cordero ten por costume dirixir a algúns veciños, en especial a aqueles que rebaten as súas respostas ou que lle esixen cumpla coas responsabilidades do seu cargo. O alcalde Alvariño é directamente responsable destes comportamentos e debe atallalos xa.

Xa abonda de desprezos

Necesitamos recuperar a Casa do Concello, os veciños merecemos que sexa un lugar de todos, para todos, onde calquera saiba que vai ser escoitado, atendido e axudado no que precise.

Necesitamos un trato igual para todos, que non dependa de afinidades persoais, ou se un é da corda do alclade.

Moveneda esixe resolucion e unha explicación

Por último, Moveneda esixe unha rápida resolución para a petición da veciña.

Que non teña que ser o vindeiro goberno o que deba solucionar outra cousa máis que Alvariño deixa sen rematar.

#EnNedaMerecemosMáis
#OsVeciñosMerecemosMáis


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.