En fechas recentes os xulgados de Ferrol veñen de desestimar un recurso contencioso-administrativo interposto contra a Corporación de Neda pola decisión de retirar simboloxía fascista, en concreto a chamada Cruz dos Caidos.
O proceso de retirada da simboloxía ilegal do espazo público produciuse en maio de 2023, en cumplimento da lei vixente.
Queda pendente outra demanda da organización ultrareaccionaria coñecida como "Abogados Cristianos" e alentada tamén por axitadores ultradereitistas, que recolle peregrinas e delirantes acusacións por “posibles delitos de odio, ofensa a los sentimientos religiosos, contra el patrimonio histórico y manifestación ilegal”.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |