Veciños da Cobeluda nos reportan desperfectos na Área Recreativa por mor das tormentas e os desbordamentos destes días pasados.
Din que gran parte da ramallada dunhas podas ou deforestacións que estiveron a facer foron polo rio abaixo.
Tamén comunican que falta o castiñeiro que estaba na area recreativa. Descoñécese se o tirou o vento, ou se o cortaron.
Imos pasar xa o aviso ós servizos do Concello e faremos seguimento das accións que leven a cabo.
Grazas por avisar!
concello de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |