Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O Diario de Ferrol faise eco das críticas de MOVENEDA ás manobras do goberno de Neda

Visitas: 195

O Diario de Ferrol recolle na súa edición de hoxe as críticas de MOVENEDA ás manobras do goberno de Ángel Alvariño para ocultar información ós grupos da oposición

Desta volta foi a conta da inesperada presentación no pleno do proxecto de nova pasarela sobre o Belelle, que vai sustituir a que caeu en maio de 2024, por falta absoluta de mantemento durante 10 anos.

Todo sucedeu no pleno extraordinario celebrado este luns 10, onde o PSdeG conseguir aprobar, unicamente cos seu votos, a modificación do proxecto da nova pasarela peatonal sobre o Belelle.

O xornal recolle que, mentres BNG e PP se abstiveron, MOVENEDA censuroulle ó alcalde Alvariño que non informase do proxecto á oposición e que MOVENEDA só puido facerse coa documentación media hora antes da celebración do pleno.

O voto negativo de MOVENEDA á proposta do goberno local ciméntase en que “o goberno socialista non actúa de xeito democrático. Oculta o que fai aos grupos da oposición. Non é de recibo convocar un pleno e pretender que digamos docilmente si a algo do que non temos información”, asegura la formación.

Máis información

Podedes ler a crónica detallada do pleno en moveneda.org, facendo clic eiquí


Etiquetas:

moveneda, concello de Neda, plenos


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.