En 2023 o alcalde Alvariño licitou por só 145,20 euros a xestión da Área Recreativa da Cobeluda. Todo foi axustado á legalidade, pero nos pareceu un proceso con moitas sombras, pouca ou nula publicidade e malas explicacións.
E así informamos ós veciños, discutímolo no Concello de Neda e presentamos propostas. Tamén denunciamos publicamente un caso que nos pareceu un exemplo máis das formas pouco transparentes coas que Alvariño rexe o Concello de Neda.
Podes leer máis neste enlace: O servizo de bar na Área da Cobeluda, unha concesión pouco transparente
2024: O alcalde di unha cousa e logo fai a contrariaPara 2024 Alvariño afirmou no pleno que se ía licitar en tempo e forma. Houbo una licitación pero o chiringuito da Cobeluda non abríu.
Máis info eiquí, na nosa publicación nese momento: Chapuzadas na licitación da concesion do chiringuito da Área da Cobeluda.
A palabra do alcalde vale cero: di unha cousa e logo fai a contraria
En 2025, moito peor: xa nin move un dedo
En 2025, Alvariño volveu asegurar no pleno que se ía licitar. Este ano xa nin fixeron o paripé: nin informaron, nin publicaron licitación: no fixeron absolutamente nada.
A Cobeluda volve a estar pechada e deteriorándose.
Dende Moveneda non atopamos explicación para que, unha das áreas con máis atractivo para veciños e visitantes, bote pechada dous anos seguidos e se deixe deteriorar.
A nova excusa: o socorristaDende MOVENEDA o temos claro: Se o problema é o servizo de socorrista, copiemos como fan outros concellos que sí poñen ese servizo nas súas praias e piscinas.
Se os problemas son outros, que o alcalde chame a oposición e as Asociacións de Veciños e busquemos solucións entre todos.
Os veciños andamos cansos de escoitar as constantes excusas do alcalde para non facer o seu traballo: os técnicos, os funcionarios, o mal tempo, a Xunta, o covid... todo se conxura contra él e nunca ten responsabilidade de nada.
Un goberno municipal non pode ser incapaz de xestionar un area recreativa ou licitar un chiringuito
moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |