Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Dous meses perdidos na contratación dos desbroces. A deixadez do goberno de Alvariño pon en risco á veciñanza

Visitas: 162

O pasado 13 de marzo, a concelleira de MOVENEDA Neiva Tristão rexistrou por escrito unha solicitude de información para coñecer en que situación se atopaba a contratación da limpeza de camiños de 2026: ¿O Goberno xa contratou os desbroces deste ano?

Non é unha pregunta caprichosa. O que si foi de chiste: a resposta do alcalde.

Nos últimos anos os desbroces acumularon atrasos. O Concello actuaba tarde e mal, coa vexetación xa ben medrada e con risco alto de incendios. Por eso preguntamos con tempo. Queríamos saber se o goberno municipal xa iniciara os trámites, a licitación, se xa solicitaran ofertas ás empresas ou se, pola contra, non fixeran nada.

DOUS MESES SEN RESPOSTA E SEN FACER ABSOLUTAMENTE NADA, MENTRES NOUTROS CONCELLOS XA DESBROZARON

Primeiramente, é gravísimo que o alcalde Alvariño se nege sistemática e obstinadamente a dar resposta ás preguntas que a oposición lle fai por escrito.

O peor non é a obstrucción á oposición, son os dous meses perdidos nos que o goberno municipal puido actuar. Máis de dous meses nos que puido planificar, contratar e organizar os traballos preventivos necesarios.

Noutros concellos, como Narón, hai semanas que se executaron as labouras de desbroce.

Por que en Neda ainda non? 

SORPRESIVA RESPOSTA NO PLENO

No último pleno municipal, preguntamos de novo. O alcalde respondeu como fai sempre que non ten respostas dignas que ofrecer: non contesta de forma directa, desvia a cuestión, fala de outras cousas, bota a culpa os famosos "técnicos"... todo para non aclarar que fixo durante este dous meses.

Pero ó final da súa intervención chegou a sorpresa: Segundo explicou o alcalde, xusto despois do pleno, ían celebrar Xunta de Goberno e ahi, casualmente, xa lle ian dar impulso á contratación dos desbroces.

Casualmente. Xusto despois de que a oposición preguntase. Despois de máis de dous meses sen noticias. Despois de dous meses de haraganear. Xusto ás portas da época de maior risco de incendios. Cando todas as empresas están xa contratadas e a tope de choio.

A CONCLUSION É PREOCUPANTE

É evidente que durante máis de dous meses o goberno municipal non fixo absolutamente nada.

Este goberno deixa sistematicamente os asuntos importantes para o último momento, é incapaz de planificar con antelación cuestións básicas como o mantemento preventivo das franxas de seguridade e dos espazos públicos.

Neste caso xa non falamos simplemente de mala xestión. Non falamos dun atraso nunha obra ou nun trámite administrativo. Estamos falando da prevención de incendios. Estamos falando da seguridade das persoas, da protección de vivendas, propiedades e do patrimonio natural do noso concello.

TEMERIDADE, IMPROVISACION E XESTIÓN NEFASTA

A prevención dos lumes non pode depender das présas de última hora nin da improvisación permanente dun goberno que parece vivir instalado no "xa veremos". Cada semana perdida na contratación dos desbroces é unha semana menos para realizar os traballos preventivos antes da chegada dos meses máis secos e perigosos do ano.

Un gobernante pode ser máis ou menos competente. Pode cometer erros. Pode equivocarse. O que non pode facer é actuar con esta temeraria irresponsabilidade nun asunto que afecta directamente á seguridade da veciñanza.

MOVENEDA seguirá a fiscalizar este asunto e esixindo explicacións. A prevención dos incendios non é unha cuestión menor.

Os veciños e veciñas de Neda merecemos un goberno que planifique, que traballe e que actúe con responsabilidade. Non merecemos un goberno que deixa todo para o último día e que só reacciona cando a oposición lle recorda as súas obrigas.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, concello de Neda, servizos municipais, pleno


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.