Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O eclipse de agosto: oportunidade histórica que o goberno de Neda deixa pasar de largo

Visitas: 24

O 12 de agosto vai producirse o primeiro eclipse total de sol visible na Península en máis dun século: o último foi en 1905. Non volverá repetirse un en condicións semellantes ata 2053. A nosa comarca está dentro da franxa de totalidade. Neda é un dos lugares privilexiados de Europa onde o sol quedará completamente oculto pola lúa durante uns instantes.

Espéranse milleiros de visitantes en toda a comarca, con desprazamentos masivos cara aos puntos de observación.

QUE FAN OUTROS CONCELLOS?

Ante este acontecemento, os concellos da contorna levan meses preparándose. Valdoviño vén de celebrar a súa Xunta Local de Seguridade, copresidida polo subdelegado do Goberno, para coordinar o dispositivo do día da eclipse nun municipio que espera unha grande afluencia de visitantes, e leva tempo organizando charlas divulgativas para a súa veciñanza. A Coruña deseñou toda unha programación baixo o lema "CidadEclipse". A Subdelegación do Goberno está a manter reunións de coordinación cos concellos da provincia para preparar a seguridade dese día.

E son, en moitos casos, concellos gobernados polo mesmo partido que o alcalde Alvariño. O PSOE de Valdoviño traballa, planifica e aproveita a eclipse para promocionar o seu territorio. O PSOE de Neda, non.

QUE FAI O GOBERNO DE ALVARIÑO? NADA

MOVENEDA preguntou reiteradamente ao goberno municipal, nas comisións informativas, no pleno e a través das nosas publicacións: que medidas ten previstas o Concello? Non obtivemos resposta algunha. E segundo a información de que dispoñemos, que o goberno se nega a confirmar ou desmentir, Neda nin sequera asistiu á reunión de coordinación convocada na Coruña, á que si acudiron representantes doutros concellos da comarca.

Non é só desidia: é unha irresponsabilidade. Falamos dun día con previsibles desprazamentos masivos na comarca. A coordinación entre administracións é fundamental. E falamos, ademais, de renunciar a unha oportunidade única de dar a coñecer Neda.

QUE FARIA MOVENEDA?

Se MOVENEDA gobernase, Neda xa estaría hoxe preparándose.

  • Habilitariamos puntos de observación seguros e accesibles,
  • Organizariamos actividades divulgativas para a veciñanza, coordinariámonos coas administracións e cos concellos veciños,
  • Instalariamos sinais; delimitariamos aparcamentos; rutas de acceso e evacuación

Se MOVENEDA gobernase, dende logo non estariamos vagueando e agochados como o goberno de Alvariño. Aproveitariamos a chegada de visitantes para amosar as bondades do noso concello: o noso patrimonio, a nosa paisaxe na ría, A hostalería e o comercio local.

Un concello non se promociona só: hai que traballalo. O eclipse do 12 de agosto é a mellor mostra da diferenza entre un goberno esgotado que non fai absolutamente nada agás mirar polos seus petos e un proxecto veciñal que si cre e quere o millor para en Neda.

PRECAUCIONS

Na nosa contorna, a eclipse comezará contra as 19:40 horas, alcanzará o seu máximo arredor das 20:28 e rematará pouco despois das 21:15. Producirase á tardiña, co sol xa baixo, polo que o mellor é buscar un punto con horizonte despexado cara ao oeste. E moi importante: nunca se debe mirar directamente ao sol sen protección. Só son seguras as gafas de eclipse homologadas (certificación ISO 12312-2); as gafas de sol correntes non serven.

 


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, galicia, ferrolterra, cultura, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.