Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Eladio Romero se achanta e non mostra probas das graves acusacións que verte en medios de comunicación

Visitas: 628

Dende Moveneda levamos anos traballando de forma seria e constante para denunciar os presuntos casos de corrupción do PP e do PSOE no noso concello. 

Así na etapa do PP de Ignacio Cabezón levamos á Fiscalía a venta de madeira nos montes municipais no Coto de Ancos por un prezo moi inferior ao de mercado, 

Tamén esiximos do goberno do PSOE de Alvarino Saavedra que se "tomasen accions legais" contra a concelleira do PP, Montserrat Rico, xa que presuntamente tratou de acceder a datos fiscais confidenciais dunha empresa contratada polo Concello "suplantando" a súa identidade fiscal. 

Contra o goberno do PSOE de Ángel Alvariño temos presentado denuncia ante a Inspección de Traballo por un posible delicto contra a saúde dos traballadores, coincidente casualmente coa dimisión de José Sanmartín por "razóns persoais".

Tamén impulsamos varias queixas diante da Valedora do Pobo, por temas referentes a falta de transparencia.

PP e PSOE tapanse entre eles

En todos estés casos a colaboración de PP e PSOE para esclarecer o sucedido foi nula, e non digamos xa para asumir responsabilidades.

🔻No pasado pleno do día 25 de novembre esiximos ó alcalde Ángel Alvariño do PSOE que se pronunciara sobre as acusacións por parte de Eladio Romero, voceiro do PP, relativas a unhas "recalificacións" levadas a cabo nalgunha finca do concello de Neda.

Nestas declaracións, feitas nunha entrevista nun medio de comunicación, Eladio Romero, concelleiro do PP acusou ó Concello de Neda de beneficiar a irmá de una concelleira do goberno cambiando a catalogación dun terreo de uso "rústico-forestal" para que esta persoa poidera edificar nel.

🔻Por unha parte isto denota a cobardía e falta de traballo por parte do representante do PP, Eladio Romero, que de ter investigado e recolleitado as probas necesarias debería haber anunciado a interposición dunha denuncia no xulgado e non espallado un rumor de taberna.

Por outra banda, a tibia reacción do Alcalde que non foi o suficientemente claro nin tallante desmentindo estes feitos e escudouse "nun malentendido", da pe a que sigan a verterse bulos que van contra o Concello de Neda que nos representa a todos, non só os seus representantes políticos.


Etiquetas:

moveneda, concello de Neda, goberno de Neda, plenos, Valedora do Pobo


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.