Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Entrevista a concelleira Neiva Tristão na Cadena SER

Visitas: 338

O programa Hoy por Hoy da Cadena SER en Ferrol entrevistou hoxe á nosa concelleira Neiva Tristão.

Raúl Salgado entrevistou a concelleira de MOVENEDA sobre os asuntos de actualidade que acontecen no noso Concello.

Podes escoita-la entrevista eiqui: Neiva Tristão en Cadena SER

UN REPASO ÓS ASUNTOS DE MAIOR INTERESE

Na entrevista, a compañeira Neiva Tristão incidiu no que foi o fío condutor de case toda a actividade de MOVENEDA neste trimestre: a desidia e a deixación de funcións do goberno de Alvariño, un patrón sistemático de mala xestión.

O millor exemplo o sinalou Neiva na entrevista: Os apagóns e a manifesta incompetencia do concelleiro Ángel García Cordero ante casos sangrantes como o que padecen os veciños do Cal ou Alcallás, que levan 16 días sen iluminación pública. E non é puntual: MOVENEDA ten documentadas denuncias veciñais de múltiples episodios de apagóns en distintas zonas do municipio.

O "responsable municipal de Servizos", o concelleiro Ángel García Cordero, non responde, non actúa, non informa. O Concello simplemente desaparece cando os veciños temos un problema.

O CONCELLO PERDE POSIBILIDADES DE NOVAS DOTACIÓNS E SERVIZOS

Outro patrón de incompetencia que se repite é a perda de oportunidades: mentres outros concellos de tamaño similar aproveitan fondos europeos e da Xunta, o goberno de Neda nin se presenta. Perdemos a posibilidade dun Punto Limpo Móvil, de puntos de recarga para vehículos eléctricos, un camión de basura novo....etc. Non é mala sorte: é deixadez. Alvariño non ten plan de futuro para Neda.

ACTUAR PARA GARANTIR A SEGURIDADE

Neiva falou tamén de como MOVENEDA urxiu formalmente ó alcalde a convocar a Xunta Local de Seguridade, ante a acumulación de queixas veciñais por roubos e acceso a propiedades privadas.

Tamen comentamos as goteiras no Pavillón municipal, un problema que se arrastra dende hai máis de 10 anos e nunca se resolve de forma definitiva. É o símbolo perfecto do goberno de Alvariño: parcheos puntuais, nunca soluciones estruturais.

MOVENEDA DEFENDE UN SERVICIO DE AXUDA DO FOGAR 100% PÚBLICO

O Servizo de Axuda no Fogar atende a persoas maiores e con dependencia. O goberno quere seguir co modelo de xestión privada. MOVENEDA defende firmemente a remunicipalización. Un SAF remunicipalizado, público e ben xestionado redundaría en millores condicións laborais para as traballadoras —case todas mulleres— que agora sofren precariedade e baixos salarios para as importantes responsabilidades que asumen. Iso é o resultado directo da xestión privada.

En Neda merecemos máis!!


Etiquetas:

moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.