Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Escrito solicitando a paralizacion do servizo municipal de Whatsapp

Visitas: 286

MOVENEDA presentou este pasado xoves 29 de setembro un escrito por rexistro no Concello para que se paralice o anunciado Servizo Municipal de Informacion e Mensaxeria por medio da aplicacion movil Whatsapp.

Dende MOVENEDA saudamos positivamente que mais dun ano despois da toma de posesion deste goberno municipal, este, por fin, se decida a artellar novas canles de informacion os veciños.

O que non queremos e que estas iniciativas señan implantadas de xeito que mais parecen ocorrencias puntuais de alguen, sen pensar ben as cousas e sobor de todo, sen regulacion escrita e sen a proteccion legal axeitada.

Consideramos que os datos persoais dos veciños non deben ir no bolsillo do alcalde, ligados a un movil e numero da sua propiedade. Dende MOVENEDA consideramos que este tipo de canles de participacion e informacion deben regularse a traveso do anunciado, e ainda non posto en marcha, Regulamento de Participacion Veciñal.

Nese regulamento debese rexer este servizo e mesmo implantar outras canles de participacion, coma os Orzamentos Participativos, cos que os veciños poidamos participar consciente e activamente na vida politica do noso concello.

Podedes ver o escrito presentado facendo click eiqui.


Etiquetas:

goberno de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.