Un exemplar orixinal da Carta Xeométrica de Galicia, o mapa elaborado polo matemático e xeógrafo galego Domingo Fontán, foi vendido nunha poxa celebrada en Madrid por 7.500 euros, triplicando o prezo inicial de saída fixado en 2.500 euros.
O mapa, impreso en París en 1845 e considerado o primeiro mapa científico de España, foi resultado de máis de dezaseis anos de traballo de campo nos que Fontán percorreu Galicia a pé e a cabalo realizando medicións xeodésicas e cálculos matemáticos para representar con precisión o territorio.
Da primeira edición realizáronse arredor de 550 exemplares, dos cales a maior parte foron entregados ao Goberno e un pequeno número a políticos galegos residentes en Madrid, o que explica a súa rareza no mercado actual.
Segundo informou a prensa, o exemplar foi adquirido por un comprador particular cuxa identidade non transcendeu, polo que se descoñece se a peza volverá a Galicia ou permanecerá nunha colección privada
É un orgullo para Neda ser un dos escasos depositarios, e así, na Casa da Cultura consérvase e está exposto ao público un exemplar orixinal desta auténtica xoia da cartografía galega, unha peza de grande valor histórico e científico que permite apreciar de primeira man a relevancia da obra de Fontán.
galicia, cultura, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |