Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Falta absoluta de compromiso coa saúde psicosocial das persoas maiores

Visitas: 383

Dende MOVENEDA queremos manifestar publicamente o noso máis absoluto rexeitamento á decisión do goberno do Concello de Neda e do alcalde Ángel Alvariño por non ter intención algunha de extender o Programa Aloumiños no noso concello.

Un programa exitoso

Programa Aloumiños, impulsado pola Xunta de Galicia, é un programa de acompañamento social, emocional e comunitario dirixido ás persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia.

Falamos dun programa que promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida, especialmente necesaria nun contexto de envellecemento da poboación.

En Neda, o Programa Aloumiños desenvolveuse con resultados moi positivos, tal e como recolleron diversos medios de comunicación, o propio Concello e, sobre todo, as persoas usuarias e as súas familias, que valoraron moi favorablemente o impacto real do programa nas súas vidas.

Dous meses mentindo, sen facer nada

Dende hai máis de dous meses, MOVENEDA leva insistindo á concelleira de Sanidade Margarita Díaz Sanz para que faga todo o posible por extender o programa ata que a Xunta decida reinicialo, tal e como fixeron outros concellos da contorna como San Sadurniño. A primeira resposta foi que "o ia mirar". Cando voltamos a insistir a resposta foi que "o estaban mirando".

Hoxe podemos confirmar que a concelleira mentiunos, en comisión e no pleno. Foi o propio alcalde a que a deixou como unha mentirosa cando el mesmo nos confirmou este lunes o seu nulo interese polo asunto: o seu goberno só está disposto a manter o programa se o financia integramente a Xunta, é dicir, se “lles sae gratis”.

Alvariño non lle interesa a saúde psicosocial das veciñas e veciños de Neda

Resulta especialmente indignante comprobar que estender o Programa Aloumiños durante seis meses tería un custo de uns 3.000 euros. Esta e unha cantidad similar á que o Concello paga á Televisión de Ferrol cada tres meses polas entrevista-masaxe que recibe o alcalde nese medio.

A prioridade deste goberno: a propaganda

Non é a primeira vez que o executivo local presume de servizos e actuacións que en realidade son financiadas por outras administracións, como acontece coas horas do Servizo de Axuda no Fogar, sufragadas pola Deputación e pola Xunta, mentres o Concello se limita a colgarse medallas alleas.

Este goberno municipal está moito máis interesado en actos de corte caciquil e clientelista —como cocidos, merendas e eventos propagandísticos— que en políticas sociais serias, continuadas e transformadoras, que melloren de verdade a vida das persoas maiores de Neda.

Se MOVENEDA gobernase, o programa Aloumiños xa estaria reactivado.

Dende MOVENEDA esiximos ao goberno do Concello de Neda que rectifique, que asuma as súas responsabilidades e que aposte pola continuidade do Programa Aloumiños con recursos propios. A saúde emocional, a dignidade e o benestar das persoas maiores non poden depender dos calculos electoralistas, propagandistas nin da vontade doutras administracións.

Neda merece un goberno comprometido cos veciños, non un máis preocupado pola foto propagandística e o autobombo.


Etiquetas:

goberno de Neda, servizos municipais


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.