Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Feliz Día das Letras Galegas: Begoña Caamaño

Visitas: 65

A Real Academia Galega resolveu adicar o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 14 de outubro de 1964 - Compostela, 27 de outubro de 2014) quen foi xornalista, escritora, feminista e activista política. Naceu no barrio do Calvario e recibiu as súas primeiras clases de francés da escritora e referente do feminismo María Xosé Queizán.

Comezou a súa carreira profesional en 1986 na emisora Radio Noroeste de Vigo, pasando despois por Radio Popular. Foi correspondente en Vigo da Axencia de Noticias de Galicia e do xornal madrileño El Sol, e colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza. En 1989 incorporouse á Radio Galega, onde desenvolveu programas como Trecolas, Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite.

Na Radio Galega destacou tamén pola súa denuncia da manipulación informativa do Partido Popular, especialmente durante a crise do Prestige en 2002. O seu compromiso abarcou o movemento feminista, o antimilitarismo e o anticapitalismo, reflectíndose en todo o seu traballo intelectual.

Debutou como narradora de forma tardía, aos 45 anos, con Circe ou o pracer do azul (2009). Seguiulle Morgana en Esmelle (2012), cuxa publicación coincidiu co diagnóstico do cancro que dous anos despois acabou coa súa vida, cando acababa de cumprir os 50 anos.

As dúas novelas que publicou merecen un lugar destacado nas letras galegas contemporáneas polo seu valor literario e lingüístico e tamén pola capacidade de facernos reflexionar sobre os grandes temas universais: o amor, a liberdade e a morte, así como cuestións éticas, políticas e sociais. Ambas teñen en común a reescritura de mitos desde unha perspectiva feminista: a primeira partindo da Odisea, e a segunda das lendas do ciclo artúrico.

Foi unha escritora moi innovadora no seu momento por crear un modelo de novelas feministas a partir da escritura dos mitos, algo que non se fixera antes na literatura galega.

A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas 2026, recoñecendo unha voz que fixo do galego, do xornalismo honesto e do feminismo as súas ferramentas de transformación social.

OBRAS PUBLICADAS


Etiquetas:

galicia, cultura, concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.