Debido á xubilación dos conserxes (dos CEIP de Maciñeira e San Isidro) convocouse un concurso oposición para cubrir en primeiro termo a praza de Maciñeira, xa que foi primeiro conserxe en xubilarse.
Este concurso-oposición pretendía deixar formada unha bolsa de emprego para cubrir as prazas de tal xeito que o candidato que quedara primeiro, cubrira a praza do CEIP de Maciñeira, o segundo a do CEIP de San Isidro e, de aí en diante, o resto de persoas que superasen a proba quedarían na devandita bolsa de emprego por se algunha praza quedaba descuberta nun futuro.
Nestas medias, aconteceu a xubilación dos conserxes que ocupaban as prazas orixinalmente, e o concello contratou externamente este servizo temporalmente ata celebrar e resolver o concurso-oposición.
A primeira convocatoria de examen foi impugnada debido a que se detectou unha mestura das partes común e específica na mesma proba, o cal contradicía as bases do proceso.
Resolto isto e xa en segunda convocatoria, somente unha persoa conseguiu aprobar o total das fases eliminatorias. Se poden consultar o resultados e puntuacións na Sede Electrónica do Concello: click eiquí
Desta situación deriva que, a día de hoxe, si teñamos cuberta a praza do CEIP de Maciñeira pero non a do CEIP de San Isidro. Como ninguén máis aprobou, non pode crearse unha bolsa de emprego e non temos ninguén para cubrir a praza do CEIP de San Isidro. Polo tanto, o Concello optou por prorrogar as labouras de conserxe neste centro, que son cubertas por unha empresa externa.
A maiores, cómpre aclarar que as prazas convocadas no concurso oposición non eran fixas, senon para unha interinaxe cun período máximo de 4 anos.
Dende MOVENEDA non nos explicamos porque o Concello non volve convocar un novo concurso-oposición para cubrir esta praza e non ter que recorrer a empresas externas.
xunta de galicia, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |