Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Catro meses sen resposta: o goberno de Neda bloquea as bonificacións para coches eléctricos

Visitas: 160

Hai concellos veciños onde, quen merca un coche eléctrico ou híbrido, paga menos imposto de circulación. En Neda, aínda non.

Non é porque ninguén o propuxese: é porque o goberno de Ángel Alvariño leva máis de dous meses e medio maniobrando para que non se debata esta proposta. Contámosche, paso a paso e con datas, o que acontece, para que quede claro onde está o problema.

BONIFICACIÓN COMO EN OUTROS CONCELLOS

En maio de 2026, MOVENEDA presentou unha moción moi concreta: bonificar o imposto de circulación (o IVTM) para os vehículos eléctricos e híbridos que se matriculen en Neda. Unha medida que xa aplican outros concellos da contorna, que aforra diñeiro aos veciños que xa teñen ou pensan mercar un destes coches. É unha proposta na mesma dirección das políticas europeas de soberanía enerxética e contra o cambio climático. Non é unha idea orixinal nin arriscada: é sentido común, e xa funciona noutros sitios.

Moveneda propón:

  • 75% de bonificación indefinida do IVTM para vehículos con distintivo ambiental CERO (eléctricos puros, pila de combustible). 

  • 75% durante 6 anos para híbridos enchufables e vehículos de gas con distintivo ECO.

  • Campaña de difusión e publicidade municipal para informar a toda a veciñanza.

CRONOLOXÍA: CATRO MESES DE SILENCIOS

  • Mediados de maio de 2026MOVENEDA rexistra a moción con antelación ao pleno de maio, con tempo suficiente para que se poidese negociar entre todos os grupos e levar a pleno un acordo unánime.

  • Antes do pleno do 25 de maio — O goberno de Alvariño non contacta con MOVENEDA, non negocia nada nin ten postura. A sorpresa salta antes do pleno cando nos dina "a moción non vai ao pleno" por dificultades sen concretar. O goberno non di nada. Dende MOVENEDA aceptamos este primeiro atraso asumindo que, durante os case dous meses ata o seguinte pleno, o goberno contactaría con nós e cos demais grupos da oposición para buscar un acordoNon houbo ningún contacto.

  • Antes do pleno do 3 de agosto de 2026 — Na Comisión Informativa que prepara este pleno e volve pasar exactamente o mesmo: se nos dí que "a moción non pode ir a debate". Desta volta a razón que se nos traslada é que intervención (os servizos técnicos do concello) quere falar con MOVENEDA antes de que a proposta avance. Outra vez, ningunha chamada, ningún contacto real por parte do goberno.

XA ABONDA DE ATRASOS, DE FACERLLE PERDER CARTOS ÓS VECIÑOS

MOVENEDA vai aceptar o retraso por segunda vez, pero avisamos: Non imos aceptar unha terceira volta da mesma manobra dilatoria. Cada mes que pasa sen esta bonificación é outro mes no que perden cartos os veciños de Neda que xa teñen un coche eléctrico, ou que están a piques de mercalo. Levamos máis de dous meses e medio desde que se presentou a proposta, e vai ir para cinco. Este retraso é unha decisión política do goberno de Alvariño.

Desde MOVENEDA queremos a proposta saia adiante e os veciños de Neda poidamos beneficiarnos. Pero non imos tragar con manobras permanentemente.

E témos motivos para desconfiar. Xa pasou antes con outra medida: as bonificacións para instalar placas solares nas vivendas de Neda, moi vantaxosas, foron recortadas polo goberno de Alvariño. Fíxose en contra da liña do seu propio partido e en contra das políticas europeas de fomento das enerxías limpas. 

Non imos permitir que coa moción dos coches eléctricos pase o mesmo: que se demore ata que lle pete a alguén ou que se aprobe recortada ata quedar en nada.

QUE PIDE MOVENEDA?

Que a proposta de MOVENEDA para bonificar os vehículos eléctricos e híbridos sexa debatida por todos os grupos políticos, e se leve ao próximo pleno UN ACORDO UNÁNIME.

É unha proposta xusta, que aforra diñeiro aos veciños, e que vai na mesma dirección que as políticas climáticas europeas. Non hai ningunha razón técnica para que leve xa case tres meses parada. Chamamos a todos os veciños de Neda a apoiar esta proposta e a esixir que se debata sen máis demoras.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.