Queremos expresar a nosa máis firme protesta e indignación polo espectáculo lamentable e absolutamente vergoñento que tiveron que soportar os asistentes á Festa de Comparsas de Antroido celebrada no Pavillón Municipal de Neda.
O que debería ser unha celebración de alegría, convivencia e orgullo colectivo converteuse nunha imaxe de abandono e chapuza institucional: goteiras caendo sobre parte do graderío, asentos mollados, zonas balizadas para evitar riscos e veciños e visitantes presenciando unha escena impropia dun concello que fachenda de dinamizar a vida cultural e social.
Este problema non é novo. As goteiras levan máis dunha década sendo un problema recorrente ó que non se lle pon solución definitiva.
Primeiro, son consecuencia directa dunhas obras chapuceiras executadas no seu momento polo goberno de Ignacio Cabezón e, segundo, da absoluta incapacidade dos gobernos municipais de Alvariño para resolver esta situación.
Alo por 2016 xa fixemos unha auditoria das obras na cuberta do Pavillón adxudicada polo Partido Popular no ano 2013 a empresa VIALON por un importe de mais de 53.000 euros. A pesares da "reparación", seguían as goteiras na cuberta do pavillon co risco de que acabasen estragando o parqué do chan. O mesmo arquitecto municipal entregou un informe no que sinalaba negativamente os traballos que se estaban a desenvolver cualificando os mesmos de INADMISIBLES. Neste informe o arquitecto xa avisaba:
Podedes ler todo eiqui na nosa publicacion de 2016: Auditando ó concello: As obras do pavillon
Logo seguimos insistindo en moitas Comisións de Área, como podedes ler nos informes que publicamos xa en 2016:

Resulta intolerable que, despois de dez anos, o goberno municipal continúe sen asumir as súas obrigas e responsabilidades e non sexa capaz de amañar un tellado. É penoso e vergoñento que os veciños e veciñas de Neda, así como as persoas que nos visitan, teñan que soportar unha imaxe de abandono, desleixo e falta de responsabilidade institucional.
Os veciños e veciñas de Neda non merecemos unhas instalacións en condicións indignas. A veciñanza merece respecto, dignidade e unhas infraestruturas públicas seguras e en condicións. MOVENEDA seguirá denunciando con firmeza cada situación de abandono e cada chapuza que afecte á veciñanza. Non imos calar ante o desprezo e a incapacidade institucional.
goberno de Neda, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |