O Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación determinou que as galiñas de arredor de 40 concellos galegos deberán permanecer encerradas a partires do vindeiro día 10 de novembro como medida preventiva ante o incremento do risco de gripe aviar.
Nas últimas semanas rexistrouse un aumento de casos tanto en aves silvestres como en aves de corral, o que evidencia unha “tendencia ao empeoramento da situación” e un maior risco para España.
Nas zonas de “especial risco” (ZER) e “especial vixilancia” (ZEV) de Galicia aplícanse as restricións. Entre os concellos máis afectados figuran en Pontevedra: A Illa de Arousa, Cambados, O Grove e outros; en Lugo: Xove; en A Coruña: Cerceda, Ordes e Tordoia.
As directrices estipulan que as aves teñan que estar en espazos pechados ou, no caso de permanecer ao aire libre, illadas mediante mallas ou dispositivos que impidan o contacto con aves silvestres. Tamén se prohibe o uso de augas e depósitos accesibles a aves silvestres, a cría conxunta de patos ou gansos con outras aves de corral e a presenza destas aves en certames, exhibicións ou eventos públicos.
As medidas buscan frear a propagación do virus entre as aves de corral e preservar á vez a saúde animal e á produción avícola da zona.
ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, concello de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |