Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Hai mais de un mes, MOVENEDA fixo propostas claras co acontecimento do eclipse

Visitas: 64

O 12 de agosto de 2026 non será un día calquera. Neda, como o resto do país, vivirá un acontecemento histórico: un eclipse total de Sol, o primeiro visible desde a Península Ibérica en máis de cen anos e un dos eventos astronómicos máis importantes do século. A nosa vila atópase dentro da franxa de totalidade, converténdose nun dos mellores lugares de Europa para contemplar este fenómeno excepcional.

Hai apenas unhas semanas, MOVENEDA presentou publicamente unha batería de propostas para que o Goberno do Concello preparase este acontecemento con tempo, coordinación e planificación. Ver o noso artigo eiqui.

Nós temos unha visión ben distinta de como debe actuar unha administración pública.

GOBERNAR SIGNIFICA ANTICIPARSE

Un acontecemento desta magnitude non pode improvisarse poucos días antes. Espéranse milleiros de persoas desprazándose por toda a comarca para observar o eclipse, o que supón unha oportunidade extraordinaria para dar a coñecer Neda, dinamizar o comercio local e ofrecer unha imaxe de concello moderno e ben organizado.

Pero tamén implica responsabilidades: garantir a seguridade, facilitar a mobilidade e ofrecer información clara á veciñanza e aos visitantes.

Se MOVENEDA gobernase, estas serían algunhas das medidas que xa estariamos preparando.

  • Puntos de observación seguros e accesibles

O primeiro sería identificar e acondicionar espazos adecuados para contemplar o eclipse. Escolleríamos lugares con boa visibilidade, acceso sinxelo e capacidade suficiente, evitando aglomeracións innecesarias e garantindo que tamén poidan desfrutar do evento persoas maiores, familias e persoas con mobilidade reducida.

O obxectivo sería que todo o mundo puidese vivir esta experiencia en condicións de seguridade e comodidade.

  • Actividades divulgativas para toda a veciñanza

Un eclipse total non é só un espectáculo visual. É tamén unha magnífica oportunidade educativa. Promoveriamos charlas, andainas, observacións guiadas por xente coñecedora do fenomeno, actividades para nenos e colaboracións con asociacións astronómicas e centros educativos para explicar que é un eclipse, como se produce e como pode observarse con seguridade.

  • Planificación da mobilidade

Ao mesmo tempo, coordinaríamos o dispositivo co resto das administracións e cos concellos da comarca para ofrecer unha resposta conxunta ante posibles conxestions de trafico, aglomeracións, etc. porque é previsible unha grande a fluencia de vehículos chegarán á comarca e a Neda, por iso resulta imprescindible planificar con antelación.

Instalaríamos sinalización específica, habilitariamos zonas de estacionamento, definiríamos itinerarios de acceso e saída e prepararíamos protocolos de evacuación no caso de incidencias.

Unha boa organización evita colapsos, reduce riscos e mellora a experiencia tanto da veciñanza como dos visitantes.

  • Información e prevención

Observa-lo eclipse total require adoptar determinadas precaucións.

Desde MOVENEDA publicaríamos de xeito amplo información clara sobre o uso correcto de lentes homologadas, advertencias sobre os riscos de mirar directamente ao Sol sen protección e recomendacións para evitar golpes de calor, deshidratación ou accidentes derivados das concentracións de persoas.

A información tamén forma parte da protección da cidadanía.

UNHA OPORTUNIDADE QUE NEDA NON DENERIA DEIXAR PASAR DE LARGO

O eclipse do 12 de agosto non volverá repetirse en condicións semellantes ata o ano 2053. Estamos ante unha ocasión única para situar Neda no mapa, atraer visitantes, favorecer a actividade económica local e demostrar que un concello pequeno tamén pode organizar grandes acontecementos, todo se existise vontade política e de traballar.

Mentres outros concellos da comarca xa están a desenvolver accións nesta dirección, o Goberno municipal de Neda non fixo nada ata que ontes, no Pleno Ordinario, a presion dos grupos da oposicion lles fixo publicar unha infografia feita a todo correr, para cubrir o expediente, e prohibir o acceso en coche ao miradoiro de Ancos. Non lles deu a cabeza para máis ideas que PROHIBIR.

Desde MOVENEDA seguimos convencidos de que gobernar consiste en planificar, prever e aproveitar as oportunidades antes de que pasen de longo. Porque os grandes eventos non se improvisan. Prepáranse.

 

 

 

 


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.