Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Hoxe celebrouse o pleno ordinario, con case un mes de retraso

Visitas: 298

Primeiramente, o pleno de hoxe celebrase con case un mes de retraso. O alcalde Ángel Alvariño non explicou adecuadamente as causas de adiar o pleno. 

Isto reviste certa gravidade posto que o alcalde incumple os acordos adoptados a este efecto. De repetirse estas cousas, Moveneda estudirá impugnar os plenos que non celebren nas súas datas establecidas.

Debate e votacións

No debate propio do pleno, aprobaronse dúas propostas de inversión de fondos do POS+ Adicional 4. Dende MOVENEDA apoiamos a inversión pero temos moitas dúbidas no tocante a quen ten que asumir os gastos na infraestructura de traída e saneamento de Neda, se debe ser o Concello ou VIAQUA quen cargue cos gastos.

Lamentablemente o alcalde Ángel Alvariño leva 10 anos ocultando os contratos de privatización do servizo, a pesares de estar avisado reiteradamente dende a Valedora do Pobo de que debe facilitar esta documentación á oposicion.

MOVENEDA opina que, á vista das condicións recollidas neses contratos, é posible que a concesionaria VIAQUA deba asumir parte ou incluso todos os gastos derivados do mantemento e inversións na rede.

MOVENEDA quere aclarar isto antes de facer gasto algún, e para iso debe estar a disposición dos grupos da oposición o contrato onde se formaliza a Contratación da concesión de explotación do servizo municipal de auga potable e saneamento de Neda. O alcalde debe cumplir o mandato da Valedora do Pobo e mesmo tamén a súa palabra, posto que no pasado pleno ordinario prometeulle a nosa concelleira Neiva Tristão a entrega de dita documentación.

Rogos e preguntas

A parte máis densa do pleno non é o debate e as votacións, é o turno de Rogos é preguntas onde a oposición que traballa fai a laboura de control da acción de Goberno.

Neste pleno estiveron presentes e interviron representantes das ANPAS, que interpelaron á alcaldía polas subvencións para os servizos de comedor e por un informe técnico que debe emitir o Concello para unha reforma nos edificios escolares. A contestación do alcalde pola solicitude do informe foi que "non habería problema". Dende MOVENEDA tomamos nota e empezamos a contar.

Partido Popular e BNG

Hoxe o PP non tiña nada que preguntar ó goberno do Concello de Neda. O BNG preguntou pola limpeza do Basteiro e polo alcantarillado tamén na beira do Basteiro.

Preguntas de MOVENEDA

Dende MOVENEDA preguntamos ós membros do goberno por varios asuntos de interese, algúns deles enviados por veciños afectados. Lamentablemente, e seguindo a  tónica das contestacións habituáis do alcalde, na maioría dos casos non obtivemos respostas minimamente satisfactorias.

Depuradora

Nos interesamos pola estación depuradora de Neda, xa que nos chegaron denuncias de veciños sinalando que se apaga polas noites, feito que sería de especial gravidade caso de que o seu apagado implicase o vertido de augas sen depurar á ría.

A resposta do alcalde foi que hai un tempo se rexistraron incidencias cun transformador que ocasionaba o apagado da estación. Dixo que o incidente xa está solucionado cun novo transformador "cun custe de 25.000€"

Outros asuntos

Tamén reclamamos atencion do goberno local nos seguintes temas:

  • Convocatoria inmediata da plaza de conserxe que esta ainda sen cubrir. O alcalde contestou con vaguedades.

  • Pedimos a actuación da Policia Municipal no caos circulatorio que se crea diariamente no IES Fernando Esquío cos coches á entrada e saía dos rapaces.

  • Preguntamos pola previsión e regularidade das limpezas dos ríos Belelle e Basteiro.

Iván Picallo, campión galego de automovilismo (Slalom)

Tamén pedimos explicacións a concelleira de deportes Angeles Puentes Maceiras pola contumaz negativa do goberno do concello a felicitar publicamente ó noso veciño de Neda Iván Picallo, que se proclamou campion galego de automobilismo na modalidade de Slalom (xa por terceiro ano).

Non houbo resposta concreta: "xa está trasladado a deportes".

Dende MOVENEDA desexamos que non se discrimine a este deportista local de éxito e se lle trate tal e como o concello trata os demais deportistas cando acadan un triunfo na súa especialidade.

Agardamos que nos vindeiros días o Concello publique unha nota de felicitación.

Video do Pleno

O pleno xa pode verse no canal de Youtube do Concello: Click eiquí

Máis información detallada nos vindeiros días

Este é o resume rápido do máis destacado. Nos vindeiros días publicaremos un analisis máis detallado do que deu de si este pleno e algunha publicación máis específica detallando outras preguntas que fixemos sobre temas concretos.


Etiquetas:

concello de Neda, pleno, Valedora do Pobo


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.