Como xa nos avisaron hai un días veciños da zona, a Área Recreativa da Cobeluda sufriu varios desperfectos polas recentes choivas, as tormentas e os desbordamentos destes días pasados.
Desta volta aprecianse desperfectos nos tellados e canaletas, que se suman a acumulación da ramallada dunhas podas ou deforestacións que foron arrastradas polo rio. Tamén comunicouse que falta o castiñeiro que estaba na area recreativa. Descoñécemos se o tirou o vento ou se o cortaron.
Pasamos aviso ó goberno do Concello, esperando que non aconteza como no caso do Poulo, e tarden ano e medio en tomar medidas e reparar.
Faremos seguimento das accións que leven a cabo.
Como sempre, a participación veciñal é fundamental.
Grazas por avisar!
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |