Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

IMPORTANTE: Proceso de reclamacions pola avaria telefonica de xuño

Visitas: 319

O pasado dia 11 de outubro no Centro Civico tivemos unha reunion de afectados pola avaria sufrida en xuño. 

A causa foi o envio de comunicacions desde a Oficina de Consumo da Xunta coa apertura dun prazo de alegacions de 10 dias habiles contra os abonos efectuados pola empresa telefonica os tecnicos de ACOUGA explicaron o seguinte:

 

  1. Se no prazo dos 10 dias seguintes a recibir a notificacion NON ALEGAMOS NADA contra as cantidades aboadas por Telefonica, quere decir que xa estamos dacordo co recibido e a reclamacion se dara por finalizada.
  2. Se polo contrario NON ESTAMOS DACORDO coas cantidades recibidas, dentro deste prazo debemos presentar un documento de alegacions, por rexistro de entrada no Concello ou por correo-e, no que expresemos o noso rexeitamento a estas cantidades, e que conleva que a reclamacion ante Consumo seguira adiante.  Nun prazo duns meses seremos citados para acudir a un acto de arbitraxe na oficina de Consumo en Ferrol e no que un arbitro sera o que fixe a indemnizacion a que cada un ten dereito a percibir en funcion da sua cuota mensual.
  3. Para que dende ACOUGA poidan seguir adiante coa denuncia presentada ante a Comision Nacional de Mercados y Competencia e que agora os derivan a Oficina de Atencion de Usuarios de Telecomunicaciones necesitamos que asinedes un documento de autorizacion de representacion e acompañalo dunha copia do DNI e que podedes facernolo chegar deixandonolo no buzon de correo de MOVENEDA que hai na planta baixa do Concello, enfronte da Policia Local.

Tanto o documento de alegacions como o da autorizacion de representacion podedes descargalo no seguintes enlaces da nosa paxina web ou poñendose en contacto con nos e trataremos de achegarvolos.

Desde MOVENEDA queremos animarvos a seguir adiante con este procedimento de reclamacions, mais que pola cantidade que pensemos que podemos percibir sexa mais ou menos importante, senon polo feito de facer ver que como veciños non aturamos este tipo de desplantes por parte de ningunha empresa e tratar que nun futuro non volvan a repetirse feitos desta magnitude no noso Concello.

 


Etiquetas:

moveneda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.