No día de ontes Moveneda denunciou un penoso casoque nos fixo chegar unha veciña, que solicitaba unha recollida especial de voluminosos e o señor Teniente de alcalde, Ángel García Cordero, non tivo millor ocorrencia que contestarlle que "ese servizo non existia".
Podeder ver a explicación do caso equí: Denuncia: trato desigual, desprezos e un goberno inimigo do veciños
Hoxe congratulámonos pola positiva resolución do incidente coa recollida especial de voluminosos solicitada por unha veciña.
O que non nos queda claro é porque a veciña ten que esperar unha semana para o traballo, cando o actual concesionario do servizo pode facelo esta mesma semana.
Emplazamos ao alcalde Alvariño a dar cumplidas e públicas explicacions das razóns polas que se prefire dar o traballo a unha empresa allea, posiblemente Vazquez Garzón, cando xa hai unha dispoñible inmediatamente, Benigno Rodriguez SA, de Neda e que ademáis xa ten contrato (prorrogado) co Concello de Neda para facer este tipo de recollidas
comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |