Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.
A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.
Información dos asuntos debatidos nas Comisións de Área celebradas en decembro
Written by MoveNeda on .
Visitas: 412
Como ben saberedes se seguides habitualmente as nosas publicacións, as Comisións de Área son un órgano interno de traballo e apoio ó goberno municipal para organizar e xestionar mellor o traballo do concello. Nesta publicación vos transmitimos a información que obtivemos nas que se celebraron nos primeiros días deste mes de decembro.
Comisión de Educación, Deportes e Igualdade
O goberno propón que os pagos das subvencións as ANPAS pasen a ser trimestrais. En principio parece ser que ainda non pagaron todo, son uns 14.000 euros. O concello propón unha reunión con todos os grupos políticos. Teñen unha proposta de subir o importe do destinado ás ANPAS a 25.000 euros.
Con respecto a Carreira Adolfo Ros, a nosa concelleira Neiva Tristão preguntou por qué non se chamou a todos os representantes da oposición para a foto oficial da presentación do cartel da carreira que ademais foi xusto despois do anterior pleno. As explicacións que da a concelleira Ángeles Puentes é que non se fai así e que para a presentación do Adolfo Ros "está acordado só van os concelleiros do concello organizador do ano anterior e o que organiza este ano" e que "nunca se fixo así e que non se vai facer así".
Preguntamos a respecto da inexplicable e contumaz resistencia que mostra este goberno municipal para publicar unha felicitación ó noso veciño Ivan Picallo por acadar un campionato galego de automobilismo. A concelleira Puentes Maceiras esgrime como desculpa que "no momento en que MOVENEDA pediu a felicitación polo título de Picallo, este título aínda non era oficial". Tamén, dixo que "nunca fue a la gala del deporte", cousa que non é certa posto que foi premiado e estivo presente na gala 2018. Para MOVENEDA todo isto son desculpas peregrinas que non teñen ningunha influencia para que un deportista mereza a felicitación da institución que debe representar a todos os veciños de Neda. Levaremos o asunto ó pleno.
Con respecto ó ximnasio, a concelleira de MOVENEDANeiva Tristão pregunta se é posible que sexa usado por xente particular fora de horarios. Se nos di que sí, que se hai horas libres se pode ir individualmente, pero sempre que estea o monitor presente .
Ante as preguntas para instalar pistas para de petanca, pumptrack, chave, billarda e outros deportes minoritarios, a concelleira Puentes Maceiras vaise pola ramas e nos transmite que "es una inversión muy grande". Esta é una desculpa pobre e unha resposta que nos deixa alucinados, porque nos preguntamos qué tipo de "inversión descomunal" pode representar una pista de petanca ou chave que é simplemente facer unha superficie de poucos metros cuadrados con grava.
Para MOVENEDA esta resposta enmárcase na estratexia do NON POLO NON que seguen dende sempre os gobernos de Alvariño con toda canta proposta que non saia das súas cabezas. Tamén se nos transmite que "no se van a hacer ese tipo de inversiones si no hay un club previamente".
Neiva respondeu que as cosas non suelen funcionar así en outros concellos normais, que primeiro se crean as infraestructuras e logo ven a xente a empezar a practicar o deporte, e que, posteriormente a xente termina organizándose. A concelleira Puentes Maceiras tamén botou man da xa habitual e moi gastada desculpa dos "problemas que pon Costas".
MOVENEDA vai solicitar toda a documentación de todas as solicitudes e comunicacións que tivo este concello con Costas referidas á pista de PUMP-TRACK. Queremos ver qué pediu o Concello a Costas e que lle contestou Costas.
Comisión de Obras, Servizos, Seguridade cidadá e 3ª Idade
Sorpresivamente, se nos anuncia unha próxima reunión de oposición e goberno, para falar do PXOM. Semella que hai várias propostas para continuar e investir cartos nel.
Con respecto ó auga; queren presentar a oposición o informe de VIAQUA coa sectorización e outros gastos. Neste tema MOVENEDA considera prioritario que a oposición teña por fin acceso á documentación do contrato con VIAQUA para deixar claro quén debe facerse cargo de esos gastos e inversións. En MOVENEDA temos dúbidas sobre se debe ser o Concello ou VIAQUA
Con respecto á limpeza dos ríos, propoñen que se limpen "cada cinco anos". A MOVENEDA nos parece unha proposta non axeitada e pediremos explicacións no vindeiro pleno. Para MOVENEDAas limpezas deben ser anuais, nos periodos axeitados para que a limpeza sexa efectiva, dure máis no tempo e no afecte a fauna.
Se nos informa tamén dos edificios da SAREB, mercados hai meses e que van iniciarse as obras, que xa foron comunicadas ó Concello.
También se informa que as casas da rotonda no cruce de Xuvia foron vendidas a un inversor local.
Sanidade e Medio rural
Xa na comisión de Sanidade, Neiva Tristão pregunta pola continuidade do Plan Aloumiños. Se nos contesta que "o van mirar", que "é un tema da Xunta". O plan non tivo custe algún para o Concello. Dende MOVENEDA pedimos que se busque a maneira de continuar co Plan, debido ó seu éxito e o impacto positivo nos veciños que participaron.
Obras, Servizos, Seguridade cidadá e 3ª Idade
Se informa que se van pintar vados ampliados diante de todas as farmacias para que a xente que vai de urxencia a mercar algunha menciña poida aparcar máis fácilmente .
Tamén na Comisión de Servicios se pregunta polos cortes de luz en Anca e outros puntos da zona rural. A resposta de Angel García Cordero é a seguinte: "no se puede hacer nada porque hay cortes en todos lados y que es algo que no se puede controlar y que hay que acostumbrarse" Esta resposta que non nos parece adecuada. Imos levala a Pleno, a ver se o alcalde respalda esta actitude obtusa do seu concelleiro.
Con respecto ós traballos do plan Rede Aberta (telecomunicacións na zona rural), parece ser que se iniciaron os traballos, pero que pronto deixaron todo mangado a medio terminar. O veciños nos indicaron que están colocados os cableados, postes e as caixas, pero que non que no se continúan los traballos. Preguntado por esto, Cordero nos di que "esto non é un tema do concello" Igual que na anterior pregunta, esta resposta nos parece impropia dunha persoa que di traballar polo veciños. Imos levala a Pleno, a ver se o alcalde tamén respalda a actitude obtusa do concelleiro García Cordero.
Polo tema da recollida dos voluminosos e das queixas veciñais de puntos sen recoller durante semanas, MOVENEDA pregunta sobre cómo se executa e cómo fai os traballos Vázquez Garzón. Dende MOVENEDA pensamos que Vázquez Garzón non está a cumplir coa misión pola que se lle paga, esto é: suplementar á empresa concesionaria Benigno Rodriguez. A resposta foi insatisfactoria. Imos pedir explicacións no Pleno
Con respecto á Casa da Cultura, informan de que se gastaron 79.000 € nas ventanas.
También informan que xa están en marcha as obras do Camiño da Bacela.
O tema da pasarela do Belelle xa está lista e que só falta un tema da Deputación.
Con respecto ó depósito de 400 metros cúbicos de auga se nos comunica que o van a restaurar .
O PP pregunta se van a poñer láminas antideslizamiento no paseo marítimo. O PP, como xa é habitual, chega tarde. Esta é una cuestión pola que xa preguntaba o noso concelleiro Juan Carlos Pita en 2019.
Cultura e Turismo
Con respecto ó tema do Samaín e do lío que houbo cos pais e as protestas, a concelleira di que "no ten constancia". Para MOVENEDA resulta curiosa esta resposta, para "no ter constancia", ben que borraron as mensaxes de protestas na páxina de Facebook do Concello.
Con respecto á nave do embarcadeiro do Puntal, nos din que é unha concesión hasta 2035. Este é un asunto que imos levar a pleno para pedir aclaracións.
Tamén pedimos información polo edificio ruinoso na rúa Sobre a Vila. Nos din que é un tema metido nos xulgados, que hai un problema de pleitos entre vendedor e comprador.
Proximamente, máis información
En vindeiros días, sumado ás respostas e información obtida no Pleno, publicaremos artigos tratando máis detalladamente algún destes asuntos.
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.
Termos de uso, privacidade e cookies Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.