Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Informacion da Comision de Area de Servizos Sociais, Igualdade e Terceira Idade de setembro

Visitas: 218

Celebrouse o pasado 7 de setembro esta comision informativa presidida pola concelleira Pena Barcia.

- O primeiro informe que presentou ia referido a apertura da Escola Infantil, cun detallado dos gastos de mobiliario e dotacions, que foron asumidos polo Concello xa que o convenio coa Xunta de Galicia ainda non foi asinado.
- Neste momento hai 14 nenos matriculados, dos cales 3 obtiveron subvencion e outros 2 estan a ser avaliados, con posibilidades de que se lles conceda.
- Informouse da limpeza do centro, asignado temporalmente a un traballador autonomo de Neda por duas horas diarias.

Os Populares de Neda preguntaron se habia deficiencias constructivas no edificio, coma a apertura da porta do edificio, que abre cara a dentro en vez de ter un pulsador de emerxencia antipanico e apertura cara a fora. A resposta da concelleira e que esta todo correcto.

Dende Moveneda preguntamos pola colocacion de material acolchado ou amortiguador no chan do parque exterior. A resposta da concelleira e que so se colocara se o esixe a Inspeccion.

Tamen preguntamos pola cantidade de becas (subvencions) solicitadas e o xeito de aplicacion dos baremos. Respostousenos que houbo 10. A resposta acerca da aplicacion do calculo do IPREM, tal e coma se fala na acta 26 da comision de delegados de area, non nos parece nada clara e imos solicitar unha interpretacion da Interventora.

Informouse da participacion na actividade Concilia Xogando e das excursions os Canons do Sil e Cantabria.

Moveneda tamen preguntou polo numero de perceptores do RISGA: 9 de alta, que significan 2 contratos de 7 meses.

Informouse do aumento de horas de Asistencia para Dependentes en 637, sobrepasando mais de 4.100. Estas horas chegan para atender a unhas 20 persoas mais das 34 solicitudes xa aprobadas anteriormente, pero agora mesmo hai outras 30-40 solicitudes mais pendentes de resolucion. Ante a pregunta de se o servizo vai ser prestado en sabados e domingos, a resposta e que polo momento e imposible, porque a empresa non dispon de mais persoal, xa que este servizo obrigaria a ter que dar libranzas en dias de semana tendo que deixar parte dos usuarios sen atencion. O servizo nas fins de semana e festivos se incluira cando se convoque a licitacion do novo contrato, a partir de xaneiro de 2018. Tamen se tratara de incluir no novo contrato a clausula de que sexa a empresa adxudicataria a que debe formar o seu persoal, xa que actualmente os cursos de formacion que se ofertan son para desempregados e parte das persoas que estarian interesadas en facelos estan traballando e terian que deixar o seu posto actual.

Informouse que o Xantar da 3ª Idade vai pasar a ser Xantar Interxeneracional e vai ser aberto a todos os veciños, subvencionado para veciños de Neda e maiores de 65.

Tamen se deu conta da apertura de prazo de solicitudes para axudas de Familias Numerosas, Podoloxia e Fisioterapia, para o cal abrirase campaña publicitaria en setembro e outubro.

Moveneda preguntou tamen pola campaña publicitaria para a inclusion no plan da Xunta de Galicia de aluguer de vivendas valeiras falado na comision do mes de abril. A concelleira Pena contestou que non tivo tempo pola ocupacion que produciu a apertura da escola infantil.

Tamen requerimos informacion do posible convenio coa clinica podoloxica aberta recentemente en Neda. Respostousenos que non se fixo nada.

Preguntamos polo numero de solicitudes de servizo de fisioterapia:
Ata esta data non houbo ningunha.

 

Preguntamos tamen da mencion nunha acta de Delegados de area dun curso de adestramento de cans. Respostousenos que e un curso orientado a normas de civismo en canto a tenencia e relacion con outras persoas e manexo dos animais.

Pola sua parte, o concelleiro Seijo, polo Grupo Mixto, non fixo ningunha pregunta nin intervencion.
-----------------
Calquera veciño que precise aclaracion ou mais informacion o respecto de algun destes puntos e temas, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.


Etiquetas:

concello de Neda


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.