Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

26.847 €/ano, esta é renta bruta media en Neda

Visitas: 247

Segundo un estudo, a “renta bruta media” no concello de Neda situouse en 2023 nos 26.847 €/ano.

O dato reflicte os rendimentos declarados no IRPF por declaración, non é exactamente a “renda por persoa” no sentido estrito, pero dá unha boa idea do nivel económico medio no concello. 

Se o comparamos coa media nacional, a diferenza é notable: en 2023 a renda bruta media de España foi de 31.333 €/ano, segundo datos da Axencia Tributaria. 

Así, Neda queda por baixo desa cifra nacional, indicando que, a nivel de declarantes, o concello non é unha das zonas de maior capacidade económica na comarca ou comparada coa media galega.

Desde unha perspectiva local, os datos suxiren que Neda se sitúa nunha posición modesta pero non desfavorecida: a renda media non é baixa en termos absolutos, onde seguramente influen pensións altas procedentes do sector naval e estatal, pero tampouco está entre os municipios máis prósperos do país. Por exemplo, municipios similares a Neda, pero na contorna urbana ou metropolitana de A Coruña, Santiago ou Vigo, alcanzan cifras superiores.

Tamén cabe destacar a evolución histórica: nos últimos anos a renda bruta media de Neda subiu de maneira constante, pasando de 24.803 €/ano en 2021 a 26.847 € en 2023. Este crecemento local, aínda que positivo local, queda tamén por baixo das medias autonómicas e estatais.

Compatativa coa contorna

En comparación cos municipios da contorna, Neda presenta unha renda intermedia claramente inferior á de Ferrol pero tamén lixeiramente por baixo de otros concellos mariñeiros máis pequenos. Por exemplo, en 2023 a renda bruta media en Ferrol era de 29.212 €/ano, segundo a Axencia Tributaria. 

Mentres tanto, en Narón a renda bruta media alcanzou os 27.138€/ano.  Pola súa banda, en Fene o dato foi de 27.521€/ano para o mesmo exercicio. 

Isto sitúa a Neda nun punto medio: non ten tanta renta como Ferrol, que pode beneficiar dunha base industrial e maior tamaño, pero tampouco as rendas máis baixas na comarca, que se poderían ser esperables en municipios pequenos ou con menos actividade económica.


Etiquetas:

feminismo e igualdade, galicia, xunta de galicia, comunicados de prensa


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.