Botar catro anos para pintar un paso de peóns no Poulo non é o único problema de seguridade vial que non atende o goberno do concello. Hoxe imos explicar que acontece coa inseguridade viaria no tramo da AC-115 que discurre dende a saída da AP-9 pola Avda. de Alxeciras ata o cruce coa AC-862 en Xuvia. Un treito, no que nos últimos anos, houbo catro mortes por atropelo.
Para ir facendo memoria, queremos recordar que hai xa máis dun ano (a raíz do atropelo dunha persoa no paso de peóns da zona da rúa Piñeiros ) se entregaron por rexistro no Concello unhas 50 sinaturas de veciños e veciñas da Avda de Alxeciras reclamando unha serie de medidas para aumentar a seguridade viaria neste tramo de travesía que recorre a zona máis urbana de Neda.
Xa sabiamos que hai varias administracións (Concello, Xunta, Axencia Galega de Infraestructuras) con responsabilidades neste tema, pero, a día de hoxe, máis dun ano despois, non nos consta que ningunha delas fixera nada. Agardamos que non teña que haber outro falecemento para que se tomen medidas.
O Concello podería ter mellorado tanto a iluminación como a sinalización das zonas de seguridade nos semáforos e pasos de peóns, tal e como se fixera cando morrera atropelada outra persoa no paso de peóns da zona do Coto, pero nesta ocasión o goberno de Alvariño non fixo nada.
A Xunta respondeu que considera que é unha vía segura e que "coas obras da rotonda de Xuvia xa vai a aumentar a seguridade desta vía". Esta resposta da Xunta, parecenos unha burla cara á veciñanza de Neda e unha falla total de interés xa que o paso de peóns onde se producíu este último atropelo ( preto da rúa Piñeiros ) está a máis de 1 km desta rotonda referida do cruce de Xuvia.
MOVENEDA esixe accións inmediatasDesde MOVENEDA esiximos que o Alcalde e o grupo de goberno do Concello, como administración máis próxima, atendan esta reclamación deste grupo de veciños e veciñas, realice xa os traballos da súa competencia e presione ás outras administracións con responsabilidades para que procedan á tomar as medidas necesarias e reais encamiñadas a mellorar a seguridade vial nesta travesía do noso Concello.
A pregunta que debemos facernos é:
xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |