Ante o intolerable ataque ao funcionamento democratico do Concello, Moveneda impugna a convocatoria do pleno de xullo.
Moveneda impugnou a convocatoria do pleno ordinario de xullo debido a que os partidos que forman o goberno: PSOE, BNG e CG, en complicidade do PP, tratan de impedir que se presenten e voten no pleno tres mocions presentadas por Moveneda.
A primeira, relativa a inclusion de clausulas sociais, eticas, merdioambientais e lingüisticas nos procesos de contratacion do Concello. A segunda mocion pide o apoio os afectados pola presunta estafa de #OpelMotorkar os seus clientes, e a terceira, de apoio as pensions publicas impulsada pola Plataforma Na Defensa Das Pensions Publicas Ferrolterra.
Por vez primeira nesta lexislatura, tratase de impedir a participacion politica dos veciños e das suas organizacions nos asuntos do concello. Atopamos de especial gravidade que o principal impulsor desta manobra tan antidemocratica sexa o Alcalde Angel Alvariño do PSOE.
Estes feitos enmarcanse nunha estratexia de crecente cerco e torpedeo a lexitima accion politica de Moveneda como grupo de oposicion.
Este goberno tripartito xa ten abertos dous expedientes no Valedor do Pobo pola contumaz negativa a entregar informacion e documentacion solicitada. A isto engádese a non celebracion das pertinentes Comisions Informativas dende hai moitos meses e agora, a ultima manobra e impedir a presentacion de mocions.
Hai que ter en conta as ducias de casos noutros concellos nos que o PSOE e o BNG protagonizaron airadas protestas cando gobernos do PP lles impiden presentar mocions nos plenos. Atopamos especialmente hipocrita que intenten aplicar agora a Moveneda o que non lles gusta para eles.
Dende Moveneda defenderemos por todas as vias o noso alcance o dereito democratico que temos os veciños a participar na vida politica do concello, especialmente no Pleno.
Moveneda quere convidar a toda a veciñanza a acudir como publico a este e outros plenos, para ser testigos de primeira man de como se xestionan realmente os asuntos de todos e a notable diferenza que existe entre a realidade e a propaganda oficial emitida polo concello.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |