O Concello de Neda acometeu no de novembro obras de limpeza do cauce do Rio Basteiro. Unha pala fixo extraccion de materiais do cauce e as beiras.
Dende MOVENEDA pensamos que era moi necesaria a reordenacion do cauce de cara a evitar as inundacions de anos pasados, pero coidamos que un goberno municipal verdadeiramente responsable debe acometer este tipo de traballos dende unha perspectiva mais global.
É necesario un plan integral a varios anos vista, que actue eliminando os tapons en certas partes do rio, coma os canos vellos inutilizados e as pontes estreitas; que respecte o valor ecoloxico e a funcion natural do rio; que reodene a paisaxe e poña en valor a zona; con rutas ben sinalizadas e un paisaxismo adecuado que sirvan como atraintes pra os visitantes e veciños.
Agardamos que coa chegada do "informe do tecnico que encargou o concello", vexamos todos estes puntos concretados nun documento real que poidamos usar todos os grupos municipais pra acordar as necesarias accions a longo prazo.
Dende MOVENEDA rexeitamos as politicas curtoplacista de tapar furados que esta a levar a cabo este goberno tripartito e apostamos por consensuar entre todos os veciños politicas globais a longo prazo.
ecoloxía e medio ambente, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |