Lembrade que este luns 29 ás 19.30h nos vemos en Monforte para decir bem alto Machistas fóra das institucións!!!
A Marcha Mundial das Mulleres - Galicia convoca unha mobilización para o vindeiro 29 de decembro ás 19.30h en Monforte de Lemos para reclamar a dimisión de José Tomé ex-presidente da Deputación de Lugo como alcalde de Monforte.
Abandonou a presidencia da Deputación (non a acta de deputado provincial) e o PSdeG tras acusacións de acoso sexual para "protexer o partido e defenderse" pero segue na alcaldía.
Dende a Marcha esixen a súa dimisión porque cremos que os cargos públicos son incompatíbeis con situacións de denuncia de violencias machistas e as representantes públicas deben ser implacábeis no combate dos discursos machistas.
O PSdeG-PSOE protexe a José ToméNo pleno do Concello de Lugo celebrado o 26 de decembro de 2025, os grupos de PP e BNG aprobaron reprobar a José Tomé por varias acusacións de acoso sexual.
O PSdeG-PSOE votou en contra da iniciativa, alegando que era “parcial”, pois censuraba unicamente a Tomé e non establecía unha condena xeral e sen excepcións de todas as condutas de acoso sexual e encubrimento.
A postura do PSdeG-PSOE revela un cinismo e unha falla de coherencia superlativa coa súa suposta defensa dos dereitos das vítimas e da loita contra o acoso: unha reprobación condicionada, limitada a un caso e a un nome, serve para politizar o escándalo máis que para enfrontar estruturalmente o problema. Ao rexeitar a condena institucional ampla, o PSdeG-PSOE deixa claro que prioriza intereses partidistas sobre unha postura firme de defensa das vítimas e da integridade institucional.
feminismo e igualdade, xunta de galicia
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |