Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Luns 30 de marzo, convocatoria de Pleno Ordinario do Concello de Neda

Visitas: 135

O vindeiro luns, 30 de marzo, as 12:00h, se vai celebrar Pleno Ordinario do Concello de Neda. no salón de sesións da Casa do Concello

 Entre os puntos salientables da orde do día:

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, ordinaria celebrada o día 26/01/2026.

  2. Dación de conta dos Decretos da Alcaldía do 1/2026 ao 7/2026.

  3. Ratificación da aprobación da Modificación do proxecto de “Instalación de contadores sectoriais na rede de abastecemento de auga de Neda”, incluída na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación a Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  4. Ratificación da aprobación da Modificación do proxecto de “Rehabilitación e posta en servizo de depósito de auga Os Pazos II”, incluída na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación a Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ Adicional 4/2025” da Deputación Provincial da Coruña.

  5. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha Administración Dixital.

  6. Normativa de participación nas redes sociais oficiais do Concello de Neda.

  7. Moción do BNG para conseguir avanzar en igualdade real e efectiva fronte ao rearmamento do machismo.

  8. Moción do BNG para reclamar que se garanta un financiamento xusto e un modelo público do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

  9. Moción do BNG de condena da agresión militar contra o Irán e en defensa da paz e do dereito internacional.

  10. Moción do BNG sobre o alumeado público do Concello de Neda.

  11. Rogos e preguntas.

ASISTENCIA DOS VECIÑOS ÓS PLENOS

Como sempre, a sesión é publica e, polo tanto, aberta á veciñanza. Como xa é habitual en MOVENEDA, convidamos a toda a veciñanza a asistir e exercer o seu dereito a participacion democratica na vida publica e politica do noso concello.

ALVARIÑO NON QUERE TESTIGOS DO QUE ACONTECE NOS PLENOS

Lamentablemente o goberno de Alvariño non cree na participación democrática dos veciños nos asuntos públicos e, xa dende a súa primeira lexislatura, moveu os plenos a un horario que non permite que os veciños poidan achegarse e participar.

Dende MOVENEDA reclamamos que os plenos se celebren polas tardes despois das 19:30 horas como fan en outros concellos da contorna


Etiquetas:

plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.