Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Machismo no pleno de Neda: o alcande impón o seu criterio por coll...

Visitas: 569

Nos máis de 9 anos de goberno de Angel Alvariño é a primera vez que conseguimos que o goberno municipal consensúe e chegue a acordos co resto de de partidos da oposición sobre a declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Este documento foi consensuado e aprobado por unanimidade na comisión de igualdade, foi dictaminado e pasou logo pola comisión de asuntos do pleno. 

Para a nosa sorpresa, un minuto antes do pleno, atopámonos con que o Partido Socialista, especificamente o sr. Angel Alvariño, non estaba de acordo co texto final e propoñían varios cambios. 

Parecenos gravísimo que o goberno municipal non sexa capaz de manter a súa palabra sobre acordos  que eles mesmos pactan.

E o peor de todo é que cando interpelamos á concelleira responsable desta área, Angeles Puentes, o alcalde impidelle falar, toma a palabra para dar unhas explicacións que non convencen a ninguén, quitándolle o dereito á dita concelleira de explicar a súa participación na comisión onde se acordou o texto . 

Máis tarde, e logo da intervención do alcalde, a  concelleira de igualdade tentou escudarse en motivos xurídicos para ter que variala, o cal supón unha clara mentira sobre o pactado na comisión que ela preside, polo tanto modificaron o acordado previamente sen ningún tipo de xustificación.

Reclamamos deste  goberno municipal 3 cousas:

  1. Que a participación do resto de grupos políticos sexa real e non está farsa.
  2. Reclamamos tamén que desapareza dunha vez por todas autoritarismo e o incumprimento das normas prestablecidas nos órganos de goberno.
  3. Por último reclamamos que as comisións informativas ás que asistimos tódolos grupos políticos sexan un lugar no que se leve a cabo un traballo efectivo para mellorar o noso Concello de Neda e non unha farsa na que ao final os acordos  acaben sendo modificados polo rodillo do PSOE Neda

Etiquetas:

feminismo e igualdade, palestina, concello de Neda, goberno de Neda, plenos


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.