Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Máis exemplos: Padrón aproveita fondos europeos para millorar a recollida de residuos mentres Neda segue a perder oportunidades

Visitas: 216

O Concello de Padrón adquiriu un camión auxiliar eléctrico para a recollida de residuos, segundo recollen medios como El Correo Gallego. O vehículo foi financiado maioritariamente con fondos europeos NextGenerationEU, xestionados pola Xunta de Galicia.

Do custe total, 114.048€ proceden de fondos europeos, mentres que o goberno padronés asume tan só uns 10.580€. Esta actuación pretende millorar a xestión de residuos, reforzar a recollida separada de materia orgánica e xerar un modelo máis sostible.

Este exemplo demostra que, con iniciativa, vontade políticagañas de traballar, é posible captar recursos externos para modernizar servizos municipais sen asumir custos sobre a veciñanza.

NEDA: ANOS PERDENDO OPORTUNIDADES

Dende MOVENEDA levamos meses advertindo ó goberno de Neda que está a deixar pasar convocatorias de axudas que permitirían mellorar dotacións e crear novos servizos.

En distintas publicacións xa sinalamos:

Mentres outros municipios presentan proxectos e captan fondos, en Neda continúan sen materializarse propostas que mellorarían a calidade de vida da veciñanza.

PASOTISMO FRENTE A PROPOSTAS CONSTRUCTIVAS E DE FUTURO

Neste caso concreto, Padrón é exemplo de xestión activa: detectar unha necesidade, presentar un proxecto, solicitar financiamento e executalo.

En contraste, o goberno de Neda amosa inacción e pasotismo, limitándose á xestión ordinaria sen ambición nin planificación para captar recursos externos. Esta falta de iniciativa tradúcese en menos servizos, menos investimentos e menos oportunidades para o noso concello.

Dende MOVENEDA defendemos unha política municipal proactiva, capaz de:

  • Presentar proxectos ás convocatorias abertas.
  • Planificar investimentos estratéxicos.
  • Apostar por servizos ambientais modernos.
  • Aproveitar ao máximo os fondos europeos e autonómicos dispoñibles.

Neda non pode resignarse a quedar atrás mentres outros concellos avanzan. É cuestión de vontade, planificación e compromiso coa veciñanza. O goberno de Alvariño carece destas tres facultades.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.