Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Manifestación histórica: milleiros enchen Ferrol esixindo un tren do século XXI

Visitas: 227

Este domingo 30 de novembro de 2025, unha mobilización histórica atravesou as rúas de Ferrol, coa presenza de veciños e veciñas da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, para reclamar un “tren digno”.

Segundo as organizacións convocantes, entre 20.000 e 30.000 persoas participaron no acto; a Policía Local estimou a cifra en 10.000. A marcha, promovida por Foro Cidadán polo Ferrocarril, partiu ás 12:00 da mañá dende a estación de tren de Ferrol e concluíu na praza da Armas, onde se leu un manifesto reivindicativo. 

As demandas expostas no manifesto son claras e compartidas pola cidadanía: un servizo ferroviario actualizado, conexións modernas con altas frecuencias, restitución de enlaces directos (por exemplo con Madrid), melloras nas infraestruturas e unha rexeite inequívoco á “discriminación” histórica da comarca no reparto dos (escasos) investimentos ferroviarios que asignaron os distintos gobernos do Estado. 

A mobilización, con forte participación transversal: familias, mocidade, persoas maiores, colectivos sociais, sindicatos, empresas, entidades deportivas e administracións locais, representa un punto de inflexión. Moi especialmente porque, conscientes de que a situación actual compromete o futuro demográfico e económico da zona, veciños e veciñas saíron á rúa unidos, deixando claro que non van aceptar máis abandono no transporte

Para MOVENEDA, como movemento veciñal que tamén defende un ferrocarril público, eficiente e adaptado ás necesidades da nosa comarca, esta manifestación supón un éxito rotundo: unha mostra da forza colectiva e da vontade popular por recuperar o dereito a mobilidade digna.

Esta manifestación non é un punto final, é o impulso definitivo para esixir, aínda con máis forza, que as Administracións se comprometan de xeito firme, para traballar e colaborar abandonando o seu habitual partidismo e o electoralismo, para fixar con prazos claros e con participación social a definición das infraestruturas e dos servizos que a bisbarra de Ferrolterra necesita e esixe


Etiquetas:

moveneda, ferrolterra, xunta de galicia, comunicados de prensa


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.