Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neda contra o sol: cando un goberno municipal decide ir contra ó futuro

Visitas: 240

Mentres o mundo acelera a transición cara ás enerxías renovables, o goberno do Concello de Neda decidiu emprender un camiño contrario: dificultar, encarecer e desincentivar que os veciños adoptemos opcións enerxéticas limpas e sostibles. 

Nun contexto de subida dos prezos de baterías e placas de sistemas solarescomo informou un xornal—, a normativa municipal convirte o que xa era un investimento importante nun obstáculo aínda máis difícil de superar.

Esta situación é froito unha decisión política consciente. En agosto de 2022, o concello modificou a ordenanza que regula a instalación de sistemas de enerxía alternativa. Segundo denunciou publicamente MOVENEDA no seu momento, esta modificación introduciu esixencias arbitrarias, carentes de xustificación técnica, como impoñer dun número e unha superficie mínima de paneis solares en función dos metros cadrados da vivenda. Esta medida, que parece un detalle técnico menor, en realidade é un mecanismo disuasorio.

UNHA NORMA ARBITRARIA, SEN SOSTÉN TÉCNICO

A esixencia dun mínimo de metros cadrados de paneis por metro cadrado de vivenda non responde a ningún criterio serio de eficiencia enerxética. O consumo eléctrico dunha vivenda depende de múltiples factores: o número de habitantes, os hábitos de consumo, o tipo de electrodomésticos, o nivel de illamento térmico ou mesmo a orientación do edificio. Pretender establecer unha relación fixa e obrigatoria entre superficie habitable e superficie de paneis é, desde o punto de vista técnico, unha simplificación absurda.

O CONTEXTO AGRAVA A SITUACION

O mercado de baterías e placas solares afronta subidas que poden acadar o 20%. Isto significa que o investimento necesario para lograr a autosuficiencia enerxética xa está a aumentar por causas alleas á vontade dos cidadáns.

Cando o Concello obriga a instalar máis paneis dos necesarios, incrementa ainda máis o custo das instalacións. Isto supón que moitos veciños non poidamos asumir o investimento. O resultado é perverso: unha norma que, en teoría preséntase como favorable ás enerxías renovables, na práctica é nunha barreira que impide o seu desenvolvemento.

ALVARIÑO ENCARECE OS VECIÑOS DOTARSE DE ENERXIA LIMPA

Cando o papel das administracións públicas debería ser facilitar, simplificar e incentivar a transición enerxética en Neda sucede exactamente o contrario: A normativa municipal multiplica o impacto das subidas de prezos, obrigando aos veciños a realizar investimentos maiores dos tecnicamente necesarios. O resultado é unha combinación letal: custos máis altos no mercado e obstáculos adicionais impostos pola propia administración local.

E ainda peor: A ordenanza municipal non facilita o autoconsumo, e por riba, introduce criterios que non se basean en estándares técnicos recoñecidos. Isto transmite unha mensaxe preocupante: en lugar de confiar nos profesionais do sector e nos criterios científicos e técnicos, o goberno municipal opta por impoñer requisitos arbitrarios que dificultan o progreso.

Cada instalación solar que non se realiza é unha oportunidade perdida. É unha familia que seguirá pagando máis na factura eléctrica. É unha vivenda que seguirá dependendo de fontes de enerxía máis contaminantes. É unha oportunidade perdida para reducir emisións e contribuír á loita contra o cambio climático.

Dificultar este proceso non é simplemente unha mala decisión técnica: e irresponsable.

CONTRA A IRRESPONSABILIDADE POLITICA

Ante esta situación, o Movemento Veciñal de Neda - MOVENEDA anuncia que impulsará a modificación da ordenanza eliminando os requisitos arbitrarios que actualmente dificultan a instalación de sistemas de enerxía solar. É necesario un cambio normativo baseado en criterios técnicos rigurosos e facilite, en lugar de obstaculizar, o acceso ás enerxías renovables.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.