
O pasado día 13 preguntamos oficialmente ó goberno do concello se xa contratou os desbroces deste ano.
Esperamos que non pase como outros anos onde se vai tarde, mal e a rastras e temos que escoitar ó alcalde contándonos sempre as mesmas excusas: "as empresas teñen moito traballo" ou que foi "culpa dos técnicos", cando a realidade é que non atopa empresas ó ser incapaz de contratar con antelación.
A campaña de desbroces e limpeza de marxes, camiños constitúe unha actuación de mantemento esencial para a seguridade da veciñanza, a prevención de incendios forestais e o cumprimento das obrigas municipais.
En exercicios anteriores, esta campaña non se executou nos prazos adecuados por face-las cousas sen previsión e planificación, sen suficiente antelación. Por isto pensamos que, para a laboura de control que facemos dende a oposicion, é necesario coñecer o estado da planificación desta campaña, co obxecto de evitar que se repita a situación de anos anteriores.
Queremos confirmar se o Concello xa procedeu á licitación, contratación ou solicitude de orzamentos para a campaña de desbroces municipal do ano 2026.
No suposto de que xa se iniciase o dito procedemento, queremos probas: os rexistros de saída das comunicacións remitidas ás empresas e/ou publicadas en plataformas de contratación ou as solicitudes de orzamentos ou o prego de condicións emitido. No suposto caso de que o goberno do concello aínda non iniciase a contratación, queremos saber as razóns polas que non se procedeu aínda á licitación desta campaña, e unha estimación das data previstas para o inicio do proceso
Esta pregunta, rexistrada oficialmente, obriga ó goberno municipal a responder a nosa concelleira Neiva Tristão en só 5 días (menos dunha semana laboral). Se non responde, o goberno do concello está a incumpri-la a lei. Isto é así porque as concelleiros da oposición non preguntamos por curiosidade persoal nin para fastidiar, senón porque é o noso traballo vixiar que o goberno do concello cumpre as súas responsabilidades. Sen información, non podemos facer ese traballo, e sen ese traballo, a democracia local non funciona.
comunicados de prensa, servizos municipais
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |