Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA aposta pola continuidade urxente do programa Aloumiños

Visitas: 448

O programa Aloumiños é unha iniciativa de acompañamento social, emocional e comunitario dirixida principalmente a persoas maiores, co obxectivo de combater a soidade non desexada, mellorar o benestar psicolóxico e fortalecer as redes de apoio e convivencia nos concellos. A través de almorzos compartidos, actividades grupais e espazos de encontro, o programa promove relacións sociais estables, hábitos saudables e unha mellor calidade de vida.

Resultados moi positivos

Este programa desenvolveuse no Concello de Neda e noutros concellos da contorna con resultados moi positivos, tal e como recolleron diversos medios de comunicación e institucións. As persoas participantes destacaron a mellora do seu estado anímico, a redución da sensación de illamento e a creación de vínculos sociais duradeiros. Trátase, polo tanto, dun programa contrastado, eficaz e altamente valorado pola veciñanza.

Desde MOVENEDA queremos lembrar que este tipo de programas de apoio psicolóxico e social só acadan o seu máximo éxito cando teñen continuidade no tempo. As intervencións puntuais teñen un efecto limitado, mentres que a estabilidade e a permanencia permiten consolidar relacións, detectar situacións de risco e xerar verdadeiras comunidades de coidado.

A Xunta non deu continuidade ó programa

A pesar dos bos resultados acadados, a Xunta de Galicia incomprensiblemente decidiu non dar continuidade ao programa. Porén, hai concellos que asumiron a responsabilidade pola súa conta, como é o caso de San Sadurniño, que decidiu manter o programa Aloumiños con recursos propios, demostrando compromiso social, sensibilidade institucional e vontade política para coidar da súa veciñanza.

Durante a pasada rolda de Comisións Informativas de Área, MOVENEDA xa solicitou formalmente á Concelleira de Servizos Sociais Margarita Díaz Sanz, a continuidade do programa, recibindo como resposta que “o iban mirar” e que "é un tema da Xunta", sen asumir ningún compromiso concreto nin prazos definidos.

Podedes ver o informe do falado nas Comisións de Área de decembro facendo click eiquí.

O Goberno de Neda debe asumir a continuidade do programa Aloumiños

En MOVENEDA pensamos que se un concello como San Sadurniño ten capacidade para dar continuidade ó programa, o de Neda tamén deberia ser capaz. Por iso pedimos ó goberno municipal que, coa máxima urxencia, xestione e asuma a continuidade do programa Aloumiños, ben sexa mediante recursos propios ou a través das fórmulas de colaboración necesarias.

A loita contra a soidade non desexada e o coidado da saúde emocional das persoas maiores non poden quedar en promesas vagas nin en espera indefinida: merece o máximo esforzo. Aloumiños demostrou que funciona. Agora é responsabilidade do Concello actuar.

A veciñanza de Neda merecemos políticas sociais activas, continuas e comprometidas. 


Etiquetas:

moveneda, xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.