Os datos máis recentes de Google Analytics confirman o crecente interese pola actividade de MOVENEDA. Durante o período analizado, a nosa web rexistrou 802 usuarios activos e 742 novas visitas, cun total de máis de 2.100 visualizacións.
Especialmente significativo é o crecemento respecto ao período anterior: +85,6 % de usuarios activos, +81,9 % de novas visitas e +200,8 % de visualizacións.
As redes sociais, especialmente Facebook e Instagram, continúan a ser unha das principais vías de acceso á información de MOVENEDA, xunto coas buscas en Google.
Grazas a todos pola confianza que amosades na nosa comunicación. Esta cifras que nos animan a seguir informando, facendo propostas de futuro, fiscalizando e defendendo os intereses da veciñanza de Neda.
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |