Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

O concello abandona escombros no canal da Mariña e minte cando lle preguntamos

Visitas: 20

O pleno do 25 de maio foi o pleno das mentiras e xa estamos fartos. MOVENEDA vai dar ó Concello de Neda un prazo prudencial de 20 días para proceder á retirada completa dos residuos e á limpeza da contorna do canal da Mariña.

ANTECEDENTES

Na Comisión de Área de Medio Ambiente e no Pleno do mes de marzo, MOVENEDA denunciou a presenza de restos de obra e escombros abandonados nas marxes do canal da Mariña tras os traballos de acondicionamento e reparación realizados polo Concello de Neda. O concelleiro Javier Novo comprometeuse a ordenar a retirada dos refugallos de formigón, cemento, ladrillos e outros materiais espallados polas beiras do canal.

Dúas semanas antes do pleno de maio, na seguinte comisión da área, MOVENEDA volveu preguntar polo asunto. Nesa ocasión, o concelleiro asegurou que os residuos xa foran retirados e que a situación estaba solucionada.

FOTOS DE MARZO

NON PODEMOS FIARNOS DO QUE DI ESTE GOBERNO

Como a experiencia nos di que non podemos fiarnos do que di este goberno, decidimos comprobar persoalmente esa afirmación e a realidade atopada foi completamente distinta. Os escombros continúan no mesmo lugar e, como proba, tomamos fotografías, que comparadas coas tomadas hai tres meses, que demostran claramente que o Concello non executou os traballos de limpeza anunciados polo goberno municipal.

FOTOS DE MAIO

Ante esta situación, no propio pleno municipal, a concelleira Neiva Tristao formulou unha pregunta directa:

O concelleiro de Medio Ambiente mentiu deliberadamente ou simplemente descoñece o estado das áreas que son da súa responsabilidade?

Lonxe de aclarar po si mesmo a situación, o alcalde, Ángel Alvariño saíu en defensa do concelleiro Javier Novo, e unha vez máis optando por desviar o asunto, con excusas baratas e ofrecendo explicacións vagas e insuficientes, sen asumir ningunha responsabilidade polos graves feitos de abandonar dos residuos e mentir reiteradamente á oposicion.

ESTE GOBERNO MUNICIPAL MINTE E INCUMPRE A LEI

Desde MOVENEDA queremos lembrar que o depósito incontrolado de residuos de construción e demolición está expresamente prohibido pola normativa ambiental galega. O Decreto 352/2002 da Xunta de Galicia establece claramente a obriga de impedir o abandono e vertido inadecuado deste tipo de materiais e obriga ás administracións e responsables das obras a garantir a súa correcta xestión ambiental.

A propia normativa autonómica sobre residuos de construción e demolición insiste en que estes materiais deben ser trasladados a plantas ou sistemas autorizados de tratamento e non poden permanecer abandonados no medio natural. Os vertidos incontrolados de escombros supoñen un impacto ambiental evidente e poden derivar en sancións e responsabilidades administrativas. 

IMOS DAR UN NOVO PRAZO PRUDENCIAL

Por todo isto, desde MOVENEDA imos dar ó Concello de Neda un prazo prudencial de entre 15 e 20 días para proceder á retirada completa dos residuos e á limpeza da contorna do canal da Mariña.

No caso de que o goberno municipal continúe mirando para outro lado, MOVENEDA levará este asunto ante as autoridades competentes e presentará denuncia ante o SEPRONA por posible vulneración da normativa ambiental e por permitir a acumulación de residuos no medio natural.

Os veciños e veciñas de Neda merecemos un Concello que respecte o medio ambiente, que cumpra a legalidade e que non minta continuamente para ocultar a súa incompetencia e falla de xestión.


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, comunicados de prensa, concello de Neda, pleno


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.