Ao rente da toma de posesión da compañeira Neiva Tristão volveron verse algúns absurdos comentarios na liña de que Moveneda "é socio do PSOE"
Non está de máis aclarar que semellante tipo de afirmacións non poden estar máis equivocadas e reflexan un absoluto descoñecemento da historia e a situación do Concello nos últimos 10 anos. Moveneda non só non foi nunca socio do PSOE, senon que é dende 2015 é a unica forza de Neda que fixo unha laboura de oposición firme e cunha liña de continuidade, con propostas e traballo.
Calquera veciño que desexe informarse e coñecer máis da nosa laboura, pode asistir a calquera das nosas Asambleas, sempre abertas a participación da veciñanza, onde lle poderemos informar directamente, respondendo a calquera pregunta e dubida.
moveneda, comunicados de prensa, concello de Neda, asamblea aberta / asamblea permanente
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |