MOVENEDA estivo presente na mobilización convocada en Ferrol en defensa da sanidade pública, reafirmando o noso compromiso firme e absoluto cun sistema sanitario público, universal, gratuíto e de calidade para toda a cidadanía.
Segundo os datos expostos por SOS Sanidade Pública, as listas de espera cirúrxicas aumentaron arredor dun 30 % respecto da situación previa á pandemia, mentres que os tempos de espera para consultas especializadas e probas diagnósticas tamén rexistraron incrementos significativos.
A entidade considera que estes datos evidencian un empeoramento do sistema sanitario e cuestiona que as estatísticas oficiais reflictan a totalidade das persoas que están á espera de atención.
A XUNTA DO PP XOGA COA NOSA SAÚDEA situación da sanidade galega evidencia cada vez con máis claridade o fracaso do modelo impulsado polo PP e pola Xunta, baseado na privatización progresiva dos servizos públicos e na entrega da saúde da cidadanía a grandes empresas privadas cuxo principal obxectivo é unicamente o seu beneficio económico.
O caso de Vigo é especialmente grave. O modelo sanitario imposto pola Xunta deixa en mans de Ribera Salud a atención de milleiros de persoas, reproducindo prácticas que xa xeraron enorme polémica noutras comunidades. As denuncias sobre o alongamento artificial das listas de espera ou casos tan escandalosos como a reutilización reiterada de catéteres dun só uso en hospitais vinculados á empresa amosan as consecuencias dun sistema onde o negocio pesa máis ca saúde das persoas.
Cada vez son máis os pacientes que abandonan este modelo privatizado e reclaman volver á sanidade pública, demostrando a crecente desconfianza cidadá cara unha xestión sanitaria baseada na mercantilización da atención médica.
Defender a sanidade pública é defender dereitos, igualdade e dignidade. Fronte ao deterioro planificado e ás privatizacións, seguiremos mobilizándonos xunto á cidadanía e aos colectivos sociais para esixir unha sanidade 100 % pública e ao servizo das persoas.
galicia, loita obreita, xunta de galicia, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |