Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA reclama continuidade para o Plan Aloumiños e propón que o Concello de Neda asuma o servizo cando remate o financiamento da Xunta

Visitas: 272

MOVENEDA valora moi positivamente o reinicio do Plan Aloumiños por parte da Xunta de Galicia, unha iniciativa de dinamización social e acompañamento de persoas maiores, veciños e veciñas en situación de illamento social ou persoas que, por localización ou circunstancias persoais, sofren situacións de soidade non desexada.

O programa, xa se desenvolveu en Neda o pasado ano e ten como obxectivo favorecer a saúde psicosocial dunha parte da veciñanza especialmente vulnerable. Desde MOVENEDA consideramos que se trata dunha ferramenta útil, necesaria e profundamente positiva.

A SAUDE PSICOSOCIAL PRECISA ESTABILIDADE NO TEMPO

Tamén entendemos que o principal problema deste plan segue a ser a súa escasa duración e temporalidade. A Xunta establece partidas insuficientes. Isto provoca que o servizo só funciona durante uns poucos meses ao ano, interrompendo dinámicas sociais e vínculos persoais que precisamente necesitan de continuidade e estabilidade no tempo.

A saúde psicosocial non pode tratarse como se fose un interruptor que se acende e se apaga segundo exista ou non financiamento. Os participantes neste tipo de programas precisan apoio constante, acompañamento continuado e políticas públicas que entendan a importancia da socialización e da prevención da soidade.

MOVENEDA PROPUXO QUE O CONCELLO CONTINUASE O PROGRAMA

Precisamente por iso, cando o Plan Aloumiños rematou o pasado ano, MOVENEDA solicitou que o goberno de Neda asumise temporalmente a continuidade do programa cos seus propios recursos, tal e como fixeron concellos veciños como o de San Sadurniño. A resposta da alcaldía foi unha negativa absoluta, sen vontade de diálogo nin explicacións convincentes.

Agora que a Xunta volve poñer o programa en marcha, desde MOVENEDA queremos lanzar preguntas claras: 

  • que acontecerá cando este financiamento remate de novo?

  • Volverán quedar abandonadas as persoas que máis precisan este apoio?

UN COMPROMISO COS VECIÑOS QUE MAIS O NECESITAN

Por este motivo, MOVENEDA levará novamente ás comisións de área e aos plenos municipais unha proposta: que o goberno de Alvariño se poña xa a traballar nun plan de continuidade. Os veciños que formamos MOVENEDA pensamos que o goberno municipal debe iniciar xa contactos con empresas e profesionais do ámbito da animación e intervención psicosocial para garantir que, unha vez finalizado o programa financiado pola Xunta, o Concello poida manter o servizo activo.

Desde MOVENEDA entendemos que esta é unha proposta razoable, útil e beneficiosa para a veciñanza. Resultará moi difícil comprender que Alvariño rexeite investir nun programa de acompañamento social mentres destina recursos económicos a outros gastos moito menos prioritarios para o benestar real da cidadanía.

A nosa prioridade é clara: poñer ás persoas no centro e defender políticas públicas que melloren a vida da veciñanza de Neda, especialmente daqueles veciños e veciñas que máis apoio precisan.


Etiquetas:

xunta de galicia, comunicados de prensa, goberno de Neda, servizos municipais


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.