Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA reclámalle á delegada da Xunta continuidade para o programa Aloumiños ou que o Concello tome o relevo

Visitas: 339


A concelleira Neiva Tristão trasladoulle hoxe a proposta á
delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, na presentación da nova edición do programa Aloumiños na Asociación de Veciños de Viladonelle.


UN PROGRAMA POSITIVO PERO CON UNHA EIVA

Dende MOVENEDA valoramos positivamente o programa de acompañamento social e emocional para persoas maiores e veciñanza en situación de soidade non desexada. A edición pasada en Neda deu resultados moi positivos pero que mantén unha eiva de fondo: a temporalidade.

A saúde psicosocial non é unha bombilla que se poida acender e apagar a vontade. Estes programas funcionan moito millor con continuidade: cada parón rompe vínculos e obriga a empezar de novo, desfacendo parte do traballo xa feito.

Por iso a concelleira Neiva Tristão formulou publicamente dúas peticións:

• Á Xunta, que Aloumiños deixe de ser intermitente e conte cun financiamento estable.
• No caso de que a Xunta non dea a continuidade axeitada, que sexa o Concello de Neda quen tome o relevo, cos seus propios medios.


NON É UNHA PETICION NOVA

Cando rematou a edición anterior, MOVENEDA pediulle ao goberno de Alvariño que continuase o programa, como fixo San Sadurniño. Lamentablemente recibimos unha negativa, algo sorprendente nun concello que presume de sensibilidade social. Moito máis incomprensible cando o custe é de arredor de 3.000 euros por seis meses.

Dende MOVENEDA entendemos que esta proposta ten toda a lóxica do mundo e merece o apoio de todos:

Ten un custo máis que razonable. 3.000 euros é unha cifra irrelevante para o orzamento municipal e resulta dez veces inferior ao destinado a publicidade e propaganda.
É eficaz e está contrastada. Non se pide experimentar nada: pídese manter algo que xa demostrou que funciona en Neda.
Aproveita o investimento xa feito. Deixar caer o programa cada poucos meses obriga a reconstruír unha e outra vez uns vínculos que xa custaron esforzo e cartos.
É prevención. Combater a soidade non desexada reduce illamento, deterioro cognitivo e dependencia, millora o benestar xeral e aforra custos moito maiores ao sistema público.
Xa hai quen o fai. Se un concello como San Sadurniño pode asumilo, Neda tamén.
Responde á realidade de Neda, cunha poboación cada vez máis envellecida e con máis persoas vivindo soas.


MOVENEDA volverá levar esta proposta ás comisións de área e ao pleno, e pide o apoio de todos os grupos políticos e da veciñanza. O traballo da opòsición non é só fiscalizar: facemos propostas concretas e viables, e defendémolas ante todas as administracións.


Etiquetas:

xunta de galicia, comunicados de prensa, concello de Neda, servizos municipais, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.