Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

MOVENEDA actúa: Urximos o alcalde a convocar a Xunta Local de Seguridade

Visitas: 85

En datas recente teñen chegado a MOVENEDA múltiples queixas de veciños e veciñas do municipio de Neda, denunciando o acceso en propiedades privadas e roubos de ferramentas, equipos e outros bens.

Ante a reiteración destes feitos pode crear un clima de alarma e inseguridade entre os veciños e veciñas e por iso vimos de urxir ó alcalde a que convoque de urxencia a Xunta Local de Seguridade para avaliar e adoptar con celeridade as medidas necesarias para protexer á cidadanía.

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

A devandita Xunta está presidida polo Alcalde e integrada polas Forzas e Corpos de Seguridade con presenza no municipio. A súa misión é coordinar as actuacións en materia de seguridade cidadá.

OUTRAS MEDIDAS PROPOSTAS POR MOVENEDA

Dende MOVENEDA tamén solicitamos que se incremente a presenza e vixilancia policial na zona das Augas e nas demais áreas do municipio nas que se rexistraron incidencias, así como facer unha campaña de comunicación pública, efectiva e de amplo alcance, a través de todos os canles dispoñibles (radio, tv, prensa, páxina web municipal e redes sociais oficiais do Concello), dirixida a informar a poboación con:

  • Medidas básicas de auto-protección de persoas e propiedades.
  • Teléfono de contacto da Policía Local de Neda para comunicar movementos sospeitosos ou roubos.
  • Teléfono de contacto do Posto da Garda Civil para os mesmos efectos.
  • Indicacións claras sobre como denunciar formalmente calquera feito delitivo.

No improbable caso que esta alcaldía decida non convocar con carácter urxente e extraordinario a Xunta Local de Seguridade de Neda, pedimos que se nos comuniquen os criterios e razoamentos que levan a esta alcaldía a tomar tal decisión.


Etiquetas:

ferrolterra, comunicados de prensa, goberno de Neda, Deputación de A Coruña, FEGAMP e outras institucións


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.