Confirmado como feminicidio a morte da moza de Baiona localizada na casa da súa ex-parella.
Sería, polo tanto, o cuarto feminicidio no que vai de ano en Galicia, após os asasinatos de Andrea Yturri, Mercedes Ríos e Fadoua Akkar.
A Marcha Mundial das Mulleres esixía ás institucións que “aceleren as investigacións sen dilatar ou relegar a confirmación do asasinato de Estela B.S. como un feminicidio oficial”, responderá nas rúas este novo asasinato machista. Así, logo da confirmación por parte do Goberno Central do cuarto fenimicidio de 2024, o feminismo galego activa o seu protocolo de resposta e sairá ás rúas o mércores, 13 de novembro, en diferentes vilas e cidades do país.
A cita en Ferrol será as 20:00 horas na Praza de Armas
feminismo e igualdade, galicia, ferrolterra, comunicados de prensa
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |