En xaneiro de 2025, o Concello de Neda anunciaba a compra da antiga nave do estaleiro do Puntal por 23.000€, dicindo que era unha oportunidade para “darlle unha nova vida” ao espazo. Máis dun ano despois, a realidade é que o goberno municipal non ten absolutamente ningunha idea definida para a nave.
Neste ano, dende MOVENEDA fixemos un seguimento constante: entrevistas co arquitecto municipal e preguntas nas comisións de área de Urbanismo. Non hai 10 días, o Concelleiro de Urbanismo Javier Novo, nos confirmaba que non ten ningún proxecto para a nave.
O resultado é preocupante:
En resume: non saben que facer con ela. Mentres tanto, o Concello publica comunicados propagandísticos coa mesma mensaxe baleira da “futura rehabilitación”. Venden fume.
Non é a primeira vez. Todos lembramos o panel luminoso de 11.000 euros ou a fracasada repoboación de Ancos na que malgastaron 10.000. E agora van pola terceira: o goberno de Ángel Alvariño funde 23.000 euros de carto público na compra dunha nave en ruinas sen ter nin a máis remota idea que que facer con ela.
Isto evidencia que este goberno improvisa, toma decisións sen planificar, busca a propaganda para enganar ós incautos aparentando que fan algo.
Os cartos xa están gastados, así que toca darlle uso a nave, non esperar a que caida, como outras dotacións. Non queremos improvisación. Para que a nave do Puntal cumpra a súa función social e cultural, dende MOVENEDA propoñemos:
Estas propostas permitirían que a nave non sexa só un edificio máis, senón un espazo vivo para a veciñanza.
MOVENEDA pensa que Neda merece planificación, participación, ideas e futuro, non propaganda baleira.
comunicados de prensa, concello de Neda, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |