Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Sistemas de enerxía ecolóxicos: a Xunta da axudas, o Concello de Neda pon dificultades

Visitas: 389

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros volveu visitar o noso concello. Supervisou na parroquia de Anca un proxecto fianciado coas axudas á enerxía solar fotovoltaica en vivendas, e estivo acompañada polo director do Instituto Tecnolóxico de Galicia, Pablo Fernández.

As axudas da Xunta, prazo aberto ate o 1 de decembro

Esta campaña de financiamento pretende apoiar proxectos en vivendas, con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables.

Ollo: Se limita só a instalacións de xeración de electricidade en vivendas con paneis solares fotovoltaicos

Estas axudas da Xunta poden solicitarse ate 01/12/2025. Tedes toda a información na Sede Electrónica da Xunta

Visita en Anca

Esta visita da delegada enmárcase dentro das prácticas electoralistas e clientelares habituais no PP, pero sérvenos para compara as politicas da Xunta coas as renovables fronte ás que "impulsa" o goberno do Concello de Neda

O Concello de Neda dificulta a instalación de renovables

Debemos lembrar que en agosto de 2022 o goberno municipal modificou a ordenanza incrementando enormemente os requisitos para acceder ás bonificacións no IBI. Tamén reduciu ás bonificacións en sí e o tempo de bonificación que tiñamos os veciños para compensar a instalación de sistemas de enerxía solar, térmica ou eléctrica.

  • Se reduciu nun 80% os anos do período de bonificación
  • Se estableceu a retroactividade, que posibilita ó Concello retirar bonificacións outorgadas con anterioridade.

Se queredes ler máis, podedes revisar o noso comunicado de agosto de 2022 facendo Click eiquí

Mentres a Xunta convoca unhas subvencións con uns requisitos bastante asequibles, o Concello de Neda manobra para que só os ricos podidan instalar eses sistemas e acceder ás bonificacións.


Etiquetas:

moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, goberno de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.