A Xunta asigna máis de 1,6 millóns de euros para que os concellos como Neda melloren os seus puntos limpos fixos ou adquiran puntos limpos móbiles. Dende MOVENEDA facemos un chamamento público ó grupo de goberno para que solicite canto antes estas axudas e aposte por dotarse do servizo de punto limpo móbil no noso concello, para facilitar a reciclaxe e paliar o problema dos residuos voluminosos
Moitos residuos domésticos e voluminosos, como mobles, aparellos eléctricos ou electrónicos, restos de poda ou escombros de obras domésticas, non teñen cabida nos colectores convencionais e requieren un tratamento especial. Un punto limpo móbil permite recoller este tipo de residuos, facilitando a súa reciclaxe ou correcta xestión.
Este puntos móbiles son especialmente útiles en concellos pequenos ou con poboación dispersa, mellorando a accesibilidade do servizo para toda a veciñanza, especialmente ós veciños que viven en parroquias rurais ou núcleos afastados. Ademais, a implantación dun punto limpo móbil contribúe á prevención do verquido de residuos voluminosos ou perigosos en lugares non axeitados.
Unha aposta polo benestar da comunidade e polo medio ambienteDende MOVENEDA consideramos que avanzar nunha xestión moderna e responsable dos residuos é un compromiso colectivo.
A creación dun punto limpo móbil en Neda non só permitiría que a veciñanza poida desfacerse de residuos complicados sen dificultades, senón tamén contribuíría a fomentar hábitos de reciclaxe, reducir o impacto ambiental e promover o reciclado de materiais.
Instamos ó Concello de Neda a aproveitar esta convocatoria de axudas da Xunta e presentar canto antes un proxecto para un punto limpo móbil.
Dende MOVENEDA ofrécemonos para colaborar na difusión, sensibilización e mobilización da veciñanza na responsabilidade colectiva cos residuos é un concello máis sostible.
moveneda, ecoloxía e medio ambente, xunta de galicia, goberno de Neda
![]() |
Movemento Veciñal de Neda - Moveneda Contacto
Termos de uso, privacidade e cookies |