Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico.

A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos.

Ao usar esta páxina web, vostede acepta os Termos Legais de Uso, a Política de Privacidade e de Cookies tal e como se describen neses documentos.

O concello para a veciñanza!

Neda e o risco de inundación: uns mapas para axudar a planificar e prevenir

Visitas: 381

O xornal a Voz de Galicia publicou hai días un artigo afirmando que "Un mapa del Gobierno alerta de gravísimas inundaciones en la ría de Ferrol dentro de diez años". 

Pensamos que este tipo de titulares non son o máis indicado. O alarmismo e o sensacionalismo perxudica ós veciños afectados. Se as súas propiedades estan marcadas polas desgrazas pasadas, semellante titular anunciando inundacións en dez anos só contribúe a que o valor das súas casas baixe ainda máis.

Se suxire unha ameaza global na ría de Ferrol pero non se predín feitos concretos nun prazo fixo

A realidade é que os mapas de risco publicados polo MITECO (Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico) sinalan áreas moi concretas en Ferrol, Narón e Neda. 

Non é certo que falen dun desastre inevitable para toda a ría. Este tipo de simplificacións contribúen a xerar medo, non a informar.

O artigo tampouco reflicte con fidelidade a función real destes mapas: describir escenarios de perigosidade baseados en estatísticas, sinalando zonas específicas de risco baixo determinadas condicións. Non afirman que vaia haber "unha inundación gravísima en dez anos”. Confundir probabilidade e profecía é un recurso sensacionalista, pero pouco responsable.

Rigor xornalístico

Por último, titulares así ocultan o verdadeiramente importante: sinalar e entender os riscos de maneira rigorosa, actuar con planificación e trasladar mensaxes e información claras á cidadanía. Os veciños de concellos que sufrimos inundacións, necesitamos información útil, non alarmismo.

Cal é a realidade?

Estes mapas forman parte dun proceso europeo, elaborado cada seis anos por todos os estados da UE, que revisa e actualiza riscos. Non é unha alerta nova nin tampouco unha advertencia extraordinaria. Presentalo así é distorsionar o contexto para provocar impacto.

Os mapas do Goberno de España e a Xunta de Galicia confirman o que os veciños xa sabemos: Neda é unha das zonas con meirande risco de inundación na ría de Ferrol. As conclusións e as mensaxes resultantes deberían ser positivas: son riscos xa coñecidos e administracións como Concello de Neda e Xunta de Galicia deberían estar xa traballando coordinadamente en mellorar a prevención e eliminar riscos.

Estes estudos deben ser ben entendidos.

Dende MOVENEDA pensamos que a información que nos brindan os mapas axudan a actuar con responsabilidade e previsión.

Estes Mapas de Peligrosidade e Risco de Inundación son unha ferramenta util que permite anticipar, calcular riscos e tomar medidas. Se Neda tivese un goberno responsable, estas alertas serían vistas como unha oportunidade para planificar as defensas, obras de infraestruturas e medidas de prevención.

O mesmo acontece coa Xunta. Se o Partido Popular non usase a Augas de Galicia de xeito electoralista e clientelista, podería estar xa traballando coordinadamente co Concello en plans e medidas eficaces para paliar e mesmo atallar as inundacións.

Pero para que isto ocurra é necesario ter gobernos que actúen de xeito responsable e previsor.

Principais claves

    • Actualización dos mapas oficiais: o MITECO está revisando os mapas de perigosidade e risco de inundación, co obxectivo de incorporar escenarios máis realistas. 

    • Escenarios detallados: os mapas inclúen distintas probabilidades de inundación (tendo en conta caudais, profundidades, velocidade), e estiman posibles danos (poboación, patrimonio, actividades). 

    • Risco local en Galicia: segundo a Xunta, hai concellos moi vulnerables, como Neda, especialmente en ríos, e para algunhas zonas concíbese un risco elevado.

    • Alerta concreta para Neda: o novo mapa sinala certos puntos de risco na Ría de Ferrol

    • Consulta pública: os novos mapas están en fase de consulta pública, o que permite á cidadanía, o Goberno Municial e ós veciños de Neda, informarse, participar e facer aportacións e alegacións.

 


Etiquetas:

ecoloxía e medio ambente, ferrolterra, xunta de galicia, concello de Neda


Enlaces e artículos relacionados:


outras publicacións relacionadas

Moveneda

Movemento Veciñal de Neda - Moveneda
Moveneda é unha iniciativa política municipalista, popular, de base, de veciños comúns, aberta, participativa e asamblearia. O noso obxetivo e informar, concienciar e fomenta-la participación política de todos os veciños nas decisións do concello. Somos veciños comúns de Neda que presentamos unha alternativa “a medida para Neda”, cunha mirada realista e comprometida, pensada para afrontar e solucionar os problemas e para potenciar as vantaxes do municipio. Pensamos que en un concello como Neda pode funcionar millor un modelo onde prime a colaboración do Goberno do Concello, as Asociacions de Veciños e os propios veciños. Esta é a millor garantía dun proxecto autónomo, colectivo, á medida de Neda e as necesidades que temos como veciños.

Contacto

Termos de uso, privacidade e cookies
Este sitio web pode utilizar cookies propias e de terceiros para prestar os seus servizos ou para analizar o seu tráfico. A túa dirección IP e outros datos se manexan poden ser gardadas temporalmente, xunto coas métricas de rendimento e de seguridade, para garantir a calidade do servizo, xerar estadísticas de uso e detectar e solucionar abusos. Ao usar esta páxina web, vostede acepta as Condicións de Uso, o Aviso legal de uso e a Política de Privacidade e cookies tal e como se describen neses documentos.